filme de 1937 dirixido por Gregory La Cava From Wikipedia, the free encyclopedia
Damas do teatro (en inglés: Stage Door) é un filme estadounidense de 1937 dirixido por Gregory La Cava. É unha adaptación da obra do mesmo nome, e conta a historia de varias aspirantes a actrices que viven xuntas no 158 West 58th Street de Nova York. Está protagonizado por Katharine Hepburn, Ginger Rogers, Adolphe Menjou, Gail Patrick, Constance Collier, Andrea Leeds, Samuel S. Hinds e Lucille Ball. Eve Arden e Ann Miller, que acadaron a fama en filmes posteriores, interpretan papeis menores.
Damas do teatro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Stage Door |
Director | Gregory La Cava |
Produtor | Pandro S. Berman |
Guión | Morrie Ryskind Anthony Veiller |
Baseado en | Stage Door de Edna Ferber e George S. Kaufman |
Intérpretes | Katharine Hepburn Ginger Rogers Adolphe Menjou |
Música | Roy Webb |
Fotografía | Robert De Grasse |
Montaxe | William Hamilton |
Estudio | RKO Radio Pictures |
Distribuidora | RKO Radio Pictures (USA) Radio Pictures Ltd. (Reino Unido) |
Estrea | 8 de outubro de 1937 31 de decembro de 1937[1] 20 de novembro de 2021 (TVG) |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | 952 000 dólares[2] |
Recadación | 1 762 000[2] |
Na rede | |
Estreouse en galego o 20 de novembro de 2021 a través da TVG.[3]
Terry Randall é unha moza aspirante a actriz que chega ao Footlight Club,[4] unha pensión teatral de Nova York onde viven outras actrices que desexan triunfar. Alí, a súa presenza provoca roces con elas, incluíndo a súa nova compañeira de cuarto Jean Maitland, á que non lle fai graza a chegada de Terry á casa. Cando o produtor teatral Anthony Powell se fixa na atractiva Jean, é Terry en cambio quen entra na escena.
Algunhas compañeiras non terán máis remedio que esquecer os seus soños, quedar, casar ou volver ao lugar do que saíron un día.
Katharine Hepburn como Terry Randall |
Ginger Rogers como Jean Maitland | ||
Adolphe Menjou como Anthony Powell |
Gail Patrick como Linda Shaw | ||
Constance Collier como Anne Luther |
Andrea Leeds como Kay Hamilton | ||
Samuel S. Hinds como Henry Sims |
Lucille Ball como Judy Canfield |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.