From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa de Damar (en indonesio: Pulau Damer) é unha pequena illa volcánica do grupo das illas de Barat Daya (literalmente suroeste) da provincia indonesia das Molucas, no lado sur do mar de Banda. Rodeada por catro illas máis pequenas - unha ao leste, unha ao oeste e dúas ao sur, conxuntamente conforman as illas de Damar, e constitúense nun distrito administrativo dentro da rexencia de Maluku Barat Daya. O distrito ten unha área terrestre de 392.29 km2 e tiña unha poboación de 5.659 habitantes en 2013.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Damar Islands (en) | |||
Situado na entidade xeográfica | Barat Daya Islands (en) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Maluku Barat Daya, Indonesia | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Banda | |||
Características | ||||
Altitude | 259 m | |||
Punto máis alto | Wurlali (868 m ) | |||
Superficie | 194,47 km² | |||
Damar ten sobre 20 km de longo por 18 km de largo. Atópase a uns 125 km ao leste de Romang e 200 km ao leste de Wetar. A parte setentrional da illa foi amplamente deforestada para agricultura de secaño de cocos, anacardios, cafeeiras, cacaos, craveiros e da noz moscada, mentres que a parte sur está principalmente forestal. A poboación concéntrase do norte e leste da illa, sendo a maioría dos habitantes da illa labregos e mariñeiros.[1] O punto máis alto da illa está a 868 m, o monte de Wurlali, un estratovolcán andesítico .[2]
A parte forestal da illa foi identificada por BirdLife Internacional como unha Important Bird Area (IBA) polo endémico Ficedula henrici, restrinxido o seu hábitat principalmente ao bosque baixo perennifolio.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.