From Wikipedia, the free encyclopedia
Os dacios (lat. Daci, gr. Dákai) foron os antigos habitantes de Dacia (que corresponde á actual Romanía) e partes de Moesia no sueste de Europa.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
Falaban o dacio, o cal non foi identificado con certeza, mais ten vencellos co tracio e albanés.
A primeira vez que se lles menciona é nas fontes romanas, pero de maneira unánime os autores clásicos consideran aos dacios unha tribo dos xetas, un pobo tracio coñecido dende a Grecia antiga polos escritos.
Estrabón especificou que os dacios eran os xetas que vivían na área da Chaira panónica e Transilvania, mentres que os propios xetas gravitaban na costa do mar Negro, en (Escitia Menor).
A súa poboación era ao redor de 2 000 000 habitantes, estimación dada polas fontes contemporáneas acerca dos 200.000 efectivos reunidos na mobilización total do seu exército. Normalmente, o número de tropas equivale a un 1/10 do total da poboación.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.