Chaira panónica
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A chaira panónica é unha gran chaira de Europa Central orixinada tras o desecamento durante o Plioceno do Mar Panonio. O río Danubio divídea aproximadamente pola metade e é un subsistema xeomorfolóxico do sistema Alpes-Himalaia.
Tipo | chaira geomorphological subsystem (en) rexión xeográfica estepa temperada | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | cinturón alpino | ||||
| |||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Altitude | 79 m | ||||
Punto máis alto | Psunj (en) (984 m ) | ||||
Atravesa | Hungría, Serbia, Romanía, Eslovaquia, Croacia, Eslovenia, Ucraína, Bosnia e Hercegovina, Austria e República Checa | ||||
A chaira está aproximadamente limitada polos Montes Cárpatos, os Alpes, os Alpes Dináricos e os Balcáns. Pola gran lonxitude da fronteira cárpata, tamén pode referirse a ela como a conca cárpata (sobre todo en textos húngaros). A conca forma unha discreta unidade topográfica na paisaxe europea, rodeada por impoñentes fronteiras xeográficas que crearon unha zona cultural de semellantes características. Estas semellanzas son máis patentes no sur e no leste.
As precipitacións, habituais aínda que non abundantes, converten á zona en propicia para a agricultura, mesmo chegouse a dicir que os seus campos poderían abastecer a toda Europa. Para os primeiros poboadores, a chaira ofrecía poucas fontes de metais ou pedra. Desta forma, cando os arqueólogos atopan obxectos de obsidiana, cobre ou ouro, é-lles posible obter información moi valiosa acerca das antigas rutas comerciais.
A chaira foi nomeada así polos panonios, que habitaban ao norte das tribos ilirias . Varios pobos diferentes han habitado a zona ao longo da historia. No século I a.C., as partes orientais da chaira pertenceron a Dacia, e no século I as parte occidentais foron incluídas no Imperio romano. Estableceuse nesta área a provincia romana chamada Pannonia, e a cidade de Sirmium foi unha do catro capitais do Imperio romano no século III.
No eríodo das grandes migracións e a comezos da Idade media, a rexión formou parte do imperio huno, o reino dos xépidos, o reino dos ostrogodos, o reino dos longobardos, o dos ávaros de Eurasia, o estado eslavo de Samo, o imperio búlgaro, o imperio franco, a Gran Moravia, o Principado Pannonio, e a Croacia pannonia.
O reino de Hungría, establecido no ano 1000 polos maxiares, estaba centralizado ao redor da chaira e incluíaa case toda (como a que formou o reino ávaro). Tras a Batalla de Mohács en 1526 as partes central e leste da chaira foron incluídas dentro do Imperio Otomán, e os restos do reino de Hungría ao noroeste uníronse á monarquía dos Habsburgo, que a chamaron reino de Hungría. As unidades administrativas que o Imperio Otomán organizou na chaira foron a Eyalet de Budim, a Eyalet de Egri, a Eyalet de Sigetvar e a Eyalet de Temeşvar. As partes orientais da chaira pertenceron ao semindependente Principado de Transilvania, que estaba baixo soberanía otomá.
A chaira panónica converteuse desta forma no escenario do enfrontamento de dous imperios. Ao final do século XVII os Habsburgo derrotaron aos otománs, anexionándose a maioría da chaira. As unidades administrativas dos Habsburgo na chaira eran o reino de Hungría, o Banato de Temeswar, as Fronteiras Militares, o reino de Croacia e o reino de Eslavonia.
A monarquía dos Habsburgo converteuse no Imperio Austríaco (en 1804) e máis tarde, en 1867, no Imperio Austrohúngaro. A maior parte da chaira estaba situada dentro da parte de Austria-Hungría, mentres que todas as outras posesións dos Habsburgo na chaira estiveron integradas no reino de Hungría até 1882. O reino autónomo de Croacia-Eslavonia, unha das Terras da Coroa de Santo Estevo, comprendía as zonas suroccidentais da chaira. Dende 1918, a rexión foi dividida entre Hungría, Romanía, Checoslovaquia, Austria, e o reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (nomeado Iugoslavia en 1929).
A chaira de Pannonia está dividida en dous partes ao longo das Montañas Medias Transdanubianas (en húngaro: Dunántúli-középhegység). A parte noroeste é chamada Chaira Panónica Occidental (ou provincia) e a parte sueste Chaira Panónica Oriental (ou provincia).
O precursor da actual chaira foi un mar superficial que acadou unha ampla extensión durante o Plioceno, depositando de 3 a 4 km de sedimentos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.