![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/17/Landon-IcarusandDaedalus.jpg/640px-Landon-IcarusandDaedalus.jpg&w=640&q=50)
Dédalo (mitoloxía)
Personaxe da mitoloxía grega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega, Dédalo (en grego Δαίδαλος Daídalos; en latín Daedalus), fillo de Eupálamo e Alcipe, foi un arquitecto e artesán moi hábil, que é visto como un símbolo de sabedoría, de coñecemento e de poder. Foi o pai de Ícaro e posibelmente tamén foi o pai de Lápixe, e tío de Perdix. Entre as súas creacións máis famosas están a vaca de madeira de Pasífae, o labirinto para o rei Minos de Creta que encarcerou ao Minotauro (fillo de Pasífae), e as ás que el e o seu fillo Ícaro utilizaron para escapar de Creta. Foi durante esta fuxida cando Ícaro non fixo caso das advertencias do seu pai e voou demasiado preto do Sol; a cera que mantiña as súas ás xuntas ao seu corpo fundiuse e Ícaro caeu e morreu.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Dédalo.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/17/Landon-IcarusandDaedalus.jpg/640px-Landon-IcarusandDaedalus.jpg)