![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7c/Spanish_Consulate.jpg/640px-Spanish_Consulate.jpg&w=640&q=50)
Cónsul (servizo exterior)
rango diplomático / From Wikipedia, the free encyclopedia
Cónsul é un cargo que recibe un funcionario ou titular dunha oficina consular por parte do Estado para exercer unha función consular no estranxeiro.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7c/Spanish_Consulate.jpg/320px-Spanish_Consulate.jpg)
O cónsul é un funcionario do servizo exterior dun país, de carácter non político, que dá información e propaganda administrada, alfándegas, notarial e rexistro político.
É o Ministerio de Exteriores, de Relacións Exteriores ou de Asuntos Exteriores quen lle encarga ao cónsul a tarefa de asistir aos cidadáns do país de orixe en certas tarefas, como a tramitación dos documentos que necesite para diversos fins, orientalo para a súa defensa, en caso de necesitalo, legalización de documentos oficiais (cando existe esa posibilidade), poderes, fes de vida, certificados acreditativos de nacionalidade, outorgamento e renovación de pasaportes, tramitación de documentos de identidade nacionais do seu país, promoción económica, cultural e turística etc.