From Wikipedia, the free encyclopedia
A cápside[1][2] ou cápsida[3][4] é a cuberta proteica dun virus. Está formada por varias subunidades estruturais oligoméricas feitas de proteínas chamadas protómeros. As subunidades morfolóxicas tridimensionais observables, que poden corresponderse cunha molécula proteica ou con varias denomínanse capsómeros. As cápsides que encerran o material xenético do virus chámanse nucleocápsides (hai virus con dúas cápsides como o VIH).
As caras da cápside poden constar dun mesmo tipo de proteína ou de varias. Por exemplo, a cápside do virus da glosopeda ten caras que constan de varias proteínas distintas.[5]
Algúns virus están envoltos, é dicir, a cápside está envolta por unha membrana lipídica denominada envoltura viral. O virus adquire está envoltura a partir dunha membrana da célula hóspede, que xeralmente é a membrana plasmática, pero pode ser outra membrana interna, como a envoltura nuclear ou a do aparato de Golgi.[6]
Unha vez que o virus infectou a célula empeza a replicarse utilizando a maquinaria celular da célula infectada. Durante este proceso sintetízanse novas subunidades da cápside codificadas no material xenético do virus, utilizando os mecanismos para a síntese de proteínas da célula. Nalgúns virus durante o proceso de ensamblaxe, unha subunidade portal ensámblase nun vértice da cápside. A través desta, transpórtase o ADN ou ARN viral ao interior da cápside.[7]
Utilizáronse análises estruturais das principais arquitecturas proteicas das cápsides para categorizar os virus en familias. Por exemplo, o bacteriófago PRD1, o virus da alga Chlorella de Paramecium bursaria (o virus afecta á alga que vive dentro do paramecio), e os adenovirus de mamíferos foron situados na mesma familia.[8]
As cápsides clasifícanse a grandes trazos en tres grandes grupos de acordo coa súa estrutura:
Ás cápsides dos virus icosaédricos asígnaselles un número de triangulación (número T) para describir a relación entre o número de pentágonos e de hexágonos que forman a cápside, é dicir, a súa case-simetría na cápside. A idea do número T foi desenvolvida orixinalmente para explicar a case-simetría por Caspar e Klug en 1962.[13]
Por exemplo, un virus con forma de dodecaedro ten un número T de 1 (xeralmente escrito T=1) e outro con forma de icosaedro truncado tería T=3. O número T calcúlase ao (1) aplicar unha cadrícula á superficie do virus con coordenadas h e k, (2) contar o número de pasos entre os sucesivos pentágonos na superficie do virus, e (3) aplicar a fórmula seguinte:
onde e h e k son as distancias entre os sucesivos pentágonos na superficie do virus para cada eixo (ver figura á dereita). Canto máis longo é o número T máis hexágonos están presentes en relación cos pentágonos.[14][15]
parámetros da cápside | sistema hexágono/pentágono | sistema triangular | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
(h,k) | T | # hex | notación de Conway | imaxe | nome xeométrico | # tri | notación de Conway | imaxe | nome xeométrico | |
(1,0) | 1 | 0 | D | Dodecaedro | 20 | I | Icosaedro | |||
(1,1) | 3 | 20 | tI dkD | Icosaedro truncado | 60 | kD | Pentaquisdodecaedro | |||
(2,0) | 4 | 30 | cD=t5daD | Triacontaedro rómbico truncado | 80 | k5aD | Pentaquisicosidodecaedro | |||
(2,1) | 7 | 60 | dk5sD | Hexacontaedro pentagonal truncado | 140 | k5sD | Pentaquisdodecaedro romo ou alternado (snub) | |||
(3,0) | 9 | 80 | dktI | Pentaquisdodecaedro hexapentatruncado | 180 | ktI | Icosaedro hexapentaquis truncado | |||
(2,2) | 12 | 110 | dkt5daD | 240 | kt5daD | Hexapentaquistriacontaedro rómbico truncado | ||||
(3,1) | 13 | 120 | 260 | |||||||
(4,0) | 16 | 150 | ccD | 320 | dccD | |||||
(3,2) | 19 | 180 | 380 | |||||||
(4,1) | 21 | 200 | dk5k6stI tk5sD | 420 | k5k6stI kdk5sD | Hexapentaquisicosaedro truncado romo ou alternado (snub) | ||||
(5,0) | 25 | 240 | 500 | |||||||
(3,3) | 27 | 260 | tktI | 540 | kdktI | |||||
(4,2) | 28 | |||||||||
(5,1) | 31 | |||||||||
(6,0) | 36 | 350 | tkt5daD | 720 | kdkt5daD | |||||
(4,3) | 37 | |||||||||
(5,2) | 39 | |||||||||
(6,1) | 43 | |||||||||
(4,4) | 48 | 470 | dadkt5daD | 960 | k5k6akdk5aD | |||||
(6,2) | 48 | |||||||||
(5,3) | 49 | |||||||||
(5,4) | 61 | |||||||||
(6,3) | 64 | |||||||||
(5,5) | 75 | |||||||||
(6,4) | 76 | |||||||||
(6,5) | 91 | |||||||||
(6,6) | 108 | |||||||||
... |
Os números T poden representarse de diferentes maneiras, por exemplo T=1 pode representarse só como un icosaedro ou un dodecaedro e, dependendo do tipo de case-simetría, T=3 pode ser representado como dodecaedro truncado, icosidodecaedro, ou icosaedro truncado e os seus respectivos duais triaquisicosaedro, triacontaedro rómbico, ou pentaquisdodecaedro.[16]
Aínda que a estrutura icosaédrica é extremadamente común entre os virus, existen diferenzas de tamaño e lixeiras variacións entre os virións. Se consideramos que o virus ten unha subunidade asimétrica nunha cara triangular dun icosaedro regular, e tres subunidades en cada cara, poderían situarse 60 subunidades de forma equivalente no icosaedro. A maioría dos virións, debido ao seu tamaño, teñen máis de 60 subunidades. Estas variacións foron clasificadas baseándose no principio de case-equivalencia proposto por Donald Caspar e Aaron Klug.[17]
Unha estrutura icosaédrica pode considerarse como construída con 12 pentámeros e con hexámeros. O número de pentámeros é fixo pero o número de hexámeros varía.[18] As cápsides poden construírse con pentámeros e hexámeros minimizando o número T (número de triangulación) de localizacións non equivalentes que ocupan as subunidades, e o número T adopta os valores enteiros 1, 3, 4, 7, 12, 13,...(T = h2 + k2 + hk, con h, k igual a números enteiros non negativos). Estas cubertas sempre conteñen 12 pentámeros e 10 (T-1) hexámeros. Aínda que esta clasificación pode aplicarse á maioría dos virus coñecidos, tamén hai excepcións, como os retrovirus, nos que as mutacións puntuais rompen a simetría.[18]
É un icosaedro alongado ao longo dun eixo. É unha disposición observada comunmente nas cabezas dos bacteriófagos. Tales estruturas están compostas por un cilindro cunha tapa en cada extremo. O cilindro está composto de 10 triángulos. O número Q, que pode ser un enteiro positivo ou negativo, específica o número de triángulos, compostos de subunidades asimétricas, que forman os 10 triángulos do cilindro. As tapas clasifícanse polo número T.[19]
A miúdo os termos cápside e nucleocápside utilízanse incorrectamente como sinónimos. Só as cápsides que se asocian directamente co ácido nucleico tamén se poden chamar nucleocápsides. Existen virus (como o virus da inmunodeficiencia humana) que presentan unha cápside exterior (matriz), e unha segunda cápside interna que encerra o ácido nucleico; esta última sería a nucleocápside, pero non a primeira.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.