Cuba Gooding, Jr.
actor estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Cuba M. Gooding, Jr., nado 2 de xaneiro de 1968 no Bronx, Nova York, é un actor estadounidense. Despois do seu papel como Tre Styles en Boyz n the Hood (1991), apareceu en Algúns homes bos (1992), The Tuskegee Airmen (1995), Outbreak (1995) e Jerry Maguire (1996), polo cal gañou o Óscar ó mellor actor secundario, e What Dreams May Come (1998). Posteriormente conseguiu a fama con Men of Honor (2000) no papel de Carl Brashear, e no filme épico sobre a segunda guerra mundial Pearl Harbor (2001) no papel de Doris Miller. Outros filmes salientables da súa carreira inclúen As Good as It Gets (1997), Rat Race (2001), The Fighting Temptations (2003), American Gangster (2007), Lee Daniels' The Butler (2013) e Selma (2014), no cal intepretou ó fiscal dos dereitos cívis Fred Gray. En 2016, interpretou a O.J. Simpson en The People v. O. J. Simpson: American Crime Story, e coprotagonizou a sexta tempada da serie antolóxica American Horror Story, subtitulada Roanoke. Tamén foi a voz de Buck no filme animado Home on the Range (2004).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xaneiro de 1968 (56 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
Residencia | Os Ánxeles |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | North Hollywood High School (en) Apple Valley High School (en) John F. Kennedy High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema , humorista , actor de televisión , actor de teatro , director de cinema |
Período de actividade | 1986 - |
Familia | |
Fillos | Spencer Gooding (en) , Mason Gooding (pt) |
Pai | Cuba Gooding (pt) |
Irmáns | Omar Gooding (pt) |
Premios
| |
|