fotógrafa española From Wikipedia, the free encyclopedia
Cristina García Rodero, nada o 14 de outubro de 1949 en Puertollano (Provincia de Cidade Real), é unha fotógrafa española. Membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e a primeira e única persoa de nacionalidade española integrante de Magnum Photos.
Cristina García Rodero nun acto en Donostia | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1949 (74 anos) Puertollano, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid (1974–2008) Florencia |
Ocupación | Fotógrafa e fotoxornalista |
Período de actividade | 1971 - 2008 |
Membro de | |
Premios | |
Premio Dr. Erich Salomon (1990) Premio Kaulak de Fotografía (1995) Premio Nacional de Fotografía (1996) | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, A World History of Women Photographers (2020 edition) (en) |
Lista
|
Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, comezou a súa carreira docente no ano 1974 dando clase de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Madrid. En 1983 comezou a impartir clases de fotografía na Facultade de Belas Artes na UCM, que seguiu realizando ata 2007.
As súas primeiras obras apareceron nos concursos universitarios a finais da década de 1960. En 1973 comezou a fotografar costumes e festas por toda España, para o que recibe unha bolsa de estudos. Máis tarde realizou reportaxes sobre tradicións en diferentes países.
En 2005 conseguiu entrar a formar parte da axencia de fotoxornalismo Magnum Photos, sendo a primeira e única persoa española en conseguilo.[1]
O 18 de febreiro de 2013, en Sesión Plenaria Extraordinaria celebrada pola Real Academia de Belas Artes de San Fernando, foi elixida como Académica de Número para a sección de Novas Artes da Imaxe, ocupando a medalla vacante que posuíra Luis García Berlanga.
No 2019 foi elixida académica de honra da Real Academia Galega de Belas Artes.
O 12 de setembro de 2018 inaugurouse na súa vila natal o Museo Cristina García Rodero, o primeiro centro adicado a unha fotógrafa.[2] O espazo alberga unha sala permanente con obras da propia artista.
O museo atópase nas instalacións do antigo Museo Municipal e foi financiado polo Concello de Puertollano, a Xunta de Castela-A Mancha e a Deputación de Cidade Real.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.