Cristina Fernández Davila

funcionaria e política galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Cristina Fernández Davila, nada en Vigo en 1966, é unha técnica especialista en informática de xestión e política galega.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Cristina Fernández Davila
Biografía
Nacemento1966 (57/58 anos)
Vigo, España
Deputada do Parlamento de Galicia
2024 
Circunscrición electoral: Pontevedra

Alcaldesa de Ponteareas
2021 – 2023
 Xosé RepresasNava Castro 
Actividade
Ocupaciónpolítica, funcionaria pública
Partido políticoBloque Nacionalista Galego

Pechar

Traxectoria

Dende 1993 é funcionaria do IES Val do Tea (Ponteareas), tendo asumido diversas responsabilidades nas asociacións de nais e pais do alumnado e foi presidenta da FANPO (Federación de Asociacións de Nais e Pais de centros de ensino públicos das comarcas Condado-Paradanta e Louriña).

Dende 2012 é concelleira do BNG no concello de Ponteareas, asumindo no 2015 a segunda tenencia de alcaldía e as concellarías de Ensino, Participación Cidadá e Réxime Interior. Dende as eleccións municipais de maio de 2019, Fernández Davila asumiu a tenencia de alcaldía, así como as concellarías de Ensino, Eventos, Saúde e Consumo, converténdose en alcaldesa de Ponteareas en maio de 2021 ao ser elixida trala renuncia do seu predecesor, Xosé Represas Giráldez.[1]

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Pontevedra.[2]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.