From Wikipedia, the free encyclopedia
O evanxelicalismo, evanxelismo, cristianismo evanxélico ou protestantismo evanxélico é un movemento transdenominacional dentro do cristianismo protestante que argúe que a esencia do Evanxeo consiste na doutrina da salvación por graza a través da fe na expiación de Xesús de Nazaret.[1][2][3] Os evanxélicos cren na centralidade da conversión ou na experiencia de «nacer de novo» cando se recibe a salvación, na autoridade da Biblia como a revelación de Deus á humanidade e na difusión da mensaxe cristiá. No ano 2017, había 630 millóns de fieis en todo o mundo.[4]
O movemento gañou gran pulo nos séculos XVIII e XIX co Primeiro e Segundo Grande Espertar, no Reino Unido e en América do Norte, respectivamente.[5] As orixes do movemento evanxélico adóitanse trazar até o metodismo inglés, a Igrexa de Moravia (en particular, a teoloxía do seu bispo Nicolaus Ludwig von Zinzendorf) e ó pietismo luterano. Entre os líderes e principais figuras do movemento evanxélico protestante atópanse John Wesley, George Whitefield, Jonathan Edwards, Billy Graham, Harold John Ockenga, John Stott e Martyn Lloyd-Jones.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.