![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2b/Cova-Eir%25C3%25B3s-Praza_P%25C3%25BAblica.jpg/640px-Cova-Eir%25C3%25B3s-Praza_P%25C3%25BAblica.jpg&w=640&q=50)
Cova Eirós
formación xeolóxica en Cancelo, Triacastela / From Wikipedia, the free encyclopedia
A cova Eirós é unha gruta natural sita en Cancelo[1], concello de Triacastela (Lugo), aos pés da serra do Oribio. A caverna, resultado de fenómenos cársticos sobre rocha calcaria, é un sitio arqueolóxico que forneceu materiais líticos pertencentes ao Paleolítico Medio e Superior, xunto con restos de fauna e flora da época. O 20 de agosto de 2012 fíxose público o achado de pinturas e gravados rupestres que se poderían remontar a 30.000 anos de antigüidade, sendo a primeira mostra de arte rupestre atopada en Galicia[2] e que motivaron a súa declaración como Ben de Interese Cultural.[3].
Datos rápidos
Cova Eirós | ||||
País: | ![]() | |||
Com. Autónoma: | ![]() | |||
Provincia: | Lugo | |||
Concello: | Triacastela | |||
Localidade: | Cancelo Vilavella | |||
Coordenadas: | n/d | |||
Fuso horario: | CET, UTC+1 | |||
Tipo de cova: | n/d | |||
Lonxitude: | n/d | |||
Altitude: | n/d | |||
Profundidade: | n/d | |||
Sitio web | n/d |
Pechar