From Wikipedia, the free encyclopedia
Coturnix é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, que inclúe varias especies coñecidas vulgarmente como paspallases, codornas ou codornices.[2]
Coturnix Paspallases, codornas, codornices Rango fósil: plioceno - actualidade [1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Paspallás común Coturnix coturnix | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Estas aves están relacionadas filoxeneticamente coas pitas do monte, as perdices e os faisáns que, xunto coas especies de Coturnix forman un clado chamado Coturnicinae, dentro da subfamilia dos perdicinos.[3]
Os paspallases do xénero Coturnix, propios do Vello Mundo, viven en parellas ou en pequenos grupos sociais, e forman grupos máis grandes durante as migracións (aínda que non todas as especies migran). A maioría son capaces de faceren curtos voos ascendentes moi rápidos para escaparen dos perigos. A diferenza doutros xéneros relacionados, os paspallases do Vello Mundo non pousan nas árbores. Dedican gran parte do seu tempo en fregarse e buscar sementes e invertebrados no solo, dos que se alimentan.
Os hábitats típicos son terreos con vexetación densa, como pasteiros, matogueira xunto a ríos e campos de cereais.
Son predados sobre todo por pequenas aves de presa, como os falcóns.
O xénero foi descrito en 1764 polo botánico e zoólogo francés François Alexandre Pierre de Garsault, ou en 1791 polo naturalista, tamén francés, Pierre Joseph Bonnaterre, segundo os autores.[4][5]
O nome do xénero está tomado do latín clásico cōturnīx, -īcis, 'codorniz',[6] nome derivado do latín preclásico *quocturnix, relacionado coa onomatopea do grito desta ave.[Cómpre referencia]
Ademais dos xa máis arriba mencionados, sancionados pola Real Academia Galega, en Galicia os paspallases tamén son coñecidos como cuturnís, paspallara, pazpallar e saltagrá.[7]
O Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS),[5] e mais a UICN,[8] recoñecen oito especies do xénero Coturnix. Pero esta lista foi modificada actualmente pola clasificación de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC). (Véxase máis abaixo en "Controversia taxonómica"):
Os expertos do IOC clasifican actualmaente a Coturnix adansonii dentro do xénero Excalfactoria, como Excalfactoria adansonii (Verreaux & Verreaux, 1851),[12] e outros autores en Synoicus, como Synoicus adansonia.[13]
Por outra parte, os expertos do IOC tamén clasifican a Coturnix chinensis no mesmo xénero Excalfactoria, como Excalfactoria chinensis (Linnaeus, 1766),[14] e outros autores no Synoicus, como Synoicus chinensis.[15]
Polo que o número de especies do xénero quedaría reducido a seis.
En Galicia a única especie presente do xénero é Coturnix coturnix, onde foi común en tempos pasados, pero está en regresión.[16] Ocupa trigais, pasteiros, outros cultivos e lugares abertos, especialmente en chairas, como na Limia, a Terra Chá e a meseta de Mazaricos e mesmo en zonas de alta montaña, até os 1 500 m de altitude. Na actualidade o seu status en Galicia pode cualificarse de "pouco común ", xa que se esta a producir un lento peo progresivo descenso das súas poboacións desde hai varias décadas, situación que non debe ser atribuída á súa caza, xa que en Galicia esta especie non posúe o atractivo que ten noutros lugares de Europa, e mesmo da Península Ibérica, senón máis ben á destrución de numerosos niños cando a colleita de cereais e de herba para ensilar, así como —probabelmente— á moderna introdución de insecticidas e herbicidas na súa cadea trófica.[17]
Unha especie fósil do oligoceno tardío - mioceno tardío do suroeste de Europa e da Europa central foi descrita como Coturnix gallica. E outra, descrita como C. donnezani, estendeuse desde o plioceno temperán até o plistoceno temperán en Europa.
Desde tempos antigos os paspallases son obxecto de caza en todos os países onde habitan e, nos modernos, tamén se crían en granxas para aproveitar a súa carne e os seus pequenos oviños. Por exemplo, na Península Ibérica, desde a Idade Media, a especie do país, Coturnix coturnix, foi a protagonista de receitas de alta cociña. Este paspallás posúe unha carne moi delicada, fina, suave e tenra, en especial o espécimes salvaxes, xa que presenta texturas algo máis compactas e sabedeiras que as variedades de granxa, que usualmente son da especie Coturnix japonica,[18] que foi domesticada hai máis de 600 anos, e da que se obtiveron, por mutacións, multitude de variedades. Hoxe a súa cría é industrial, tanto para a carne como para os ovos. A femia comeza a poñer á idade de 40 días, e produce o seu propio peso en ovos en 10 días; pode poñeer máis de 200 ovos ao ano. O paspallás xaponés tamén se introduciu, para a caza, nos Estados Unidos e en Europa, o que ocasionou, neste último caso, non poucos problemas pola hibridación con Coturnix coturnix.[19]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.