xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Corylus, as abeleiras, son un xénero botánico de árbores caducifolias e grandes arbustos orixinario dos climas temperados do hemisferio norte. O xénero sitúase normalmente entre a familia dos bidueiros, as betuláceas,[1][2][3][4] aínda que algúns botánicos dividen ás abeleiras (cos carpes e xéneros aliados) nunha familia separada, Corylaceae.[5][6]
Abeleiras (xénero Corylus) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Candeas de abeleira europea | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Corylus americana |
Posúen follas simples arredondadas con bordos de serrado duplo. As flores nacen a principios da primavera, antes que as follas e son monoicas, con amentos (candeas) de diferente sexo; os masculinos, de cor amarela pálida e entre 5 a 12 cm de longo, os femininos moi pequenos e practicamente ocultos nos gomos, das que abrollan unicamente os estilos vermellos en número de 1 a 3. O seu froito son noces de 1 a 2,5 cm de longo e 1 a 2 de diámetro, arrodeadas por un invólucro que encerra total ou parcialmente a noz. A forma e estrutura dos invólucros é moi importante para a identificación das diferentes especies de Corylus.
O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 998–999. 1753.[7] A especie tipo é: Corylus avellana
Hai entre 14 e 18 especies de abeleiras. A circunscrición de especies en Asia oriental é algo controvertida, con WCSP e Flora of China difierindo en que táxones son aceptados, de xeito que na listaxe a seguir, no que se refire a esta rexión, só se inclúen aqueles táxones aceptados por ambas as dúas fontes.[3][8][9][10] As especies agrúpanse do seguinte xeito:
Existen varios híbridos, e poden ocorrer entre especies en diferentes seccións do xénero, p.e. Corylus × colurnoides (C. avellana × C. colurna). A especie de abeleira máis antiga confirmada é Corylus johnsonii que se atopa coma un fósil nas rochas da idade Ypresiana do Condado de Ferry, en Washington, Estados Unidos.[11]
As abelás producidas polo Corylus avellana (abeleira común europea) son as que se consomen amplamente. Este grande arbusto cultívase extensivamente por elas. Tamén se colleitan dalgunhas das demais especies, incluso a corylus máxima.
A abeleira turca Corylus colurna é amplamente cultivada como árbore ornamental en Europa e América do Norte. Esta especie non se adapta ao esterotipo Corylus arbustivos, senón que é unha grande árbore de máis de 35 m de alto cun único toro recto e robusto que pode acadar os 1,5 m de diámetro.
Adáptase ben ás difíciles condicións das espazos urbanos, o que incrementou a súa popularidade durante as últimas décadas.
A abeleira común é tamén un elemento importante para choer valados e crear "cerrumes vivos", o xeito tradicional de establecer estremas nas leiras na Europa Atlántica dende hai séculos (Galiza, Inglaterra...). Cultivábanse tamén pequenas fragas de abeleiras para obter madeira para construción, e pólas para cestos, e valos agropecuarios. Coas poliñas facíanse varas consideradas máxicas polas meigas e druídas.
Os Corylus son utilizados como fonte alimentaria polas larvas de varias especies de lepidópteros (bolboretas e avelaíñas).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.