Corvo pequeno
From Wikipedia, the free encyclopedia
O corvo pequeno[1][2] (Corvus corone), corvo común,[3] choia[4] é unha ave da familia dos córvidos. Posúe unha testa ancha e aplanada, un corpo negro brillante e unha plumaxe moi densa.
Corvo pequeno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corvus corone corone | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Corvus corone Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Distribución Corvus corone |
Aínda que poden hibridar con Corvus cornix producindo descendencia fértil, últimos estudos (de 2003) levaron a consideralas especies diferentes, debido á notable diferenza de cor na plumaxe, así como á escasa viabilidade xenética dos híbridos.
A súa voz é forte, áspera, con fondo metálico.
O seu niño está composto de paus, máis livián có da gralla cereixeira, faino en árbores ou arbustos. Pon de catro a seis ovos nunha niñada, de marzo a xullo.
Aliméntase de invertebrados, ovos e grans do chan; con frecuencia, agrúpase en bandadas en praderías con esterco.
............. |