Corvo grande
From Wikipedia, the free encyclopedia
O corvo grande[2] ou corvo carnazal (Corvus corax) é, con máis de 60 cm, a especie máis grande do xénero Corvus e da familia dos córvidos. É semellante ao corvo viaraz (Corvus corone) pero significativamente maior, cun peso de 1 250 g e unha envergadura de ás de 120 cm. A plumaxe é dun negro acibeche con irisacións azuis. Ten o pico negro moi robusto. Non existe un marcado dimorfismo sexual.
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Corvo grande Corvus corax | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corvo grande no Parque Nacional Yosemite, USA | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Corvus corax Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Área de distribución do corvo grande | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
|
Pechar
En voo chama a atención polo seu longo pescozo e pola súa cauda cuneiforme. O seu canto é característico e coñecido como corveo ou corvear. Non obstante é capaz de imitar sons doutros paxaros e mesmo doutros animais, chegando ata pronunciar palabras soltas.