From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha corrida de touros[1] é un espectáculo que consiste en lidar varios touros bravos, a pé ou dacabalo, nun recinto pechado para tal fin, a praza de touros.
Na lida participan varias persoas, entre elas os toureiros, que seguen un estrito protocolo tradicional, rexido pola intención estética; só pode participar como matador o toureiro que tomou a alternativa (recibiu a categoría de matador de touros). Como espectáculo moderno realizado a pé, fixa as súas normas e adopta a súa orde actual a finais do século XVIII en España, onde a corrida finaliza coa morte do touro.
As corridas de touros son consideradas unha das expresións da cultura hispánica. Practícanse tamén en Portugal (onde, fóra dalgúns municipios, non se lle dá morte ao touro na praza desde 1836, durante o reinado de María II), no sur de Francia e en diversos países de Hispanoamérica como México, Colombia, Perú, Venezuela, Ecuador, Costa Rica, Panamá e Bolivia.
As corridas poden clasificarse, segundo a idade e características do touro que se lida, en becerradas, novilladas e corridas de touros propiamente ditas, e poden desenvolverse a pé ou dacabalo. Se se executan as sortes dacabalo, o festexo recibe o nome de corrida de rejones ou rejoneo. Cando se combinan ambas as disciplinas nun mesmo festexo, denomínanse corridas mixtas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corrida de touros |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.