From Wikipedia, the free encyclopedia
Coregonus lavaretus é unha especie de peixes osteíctios da orde dos salmoniformes, familia dos salmónidos, subfamilia dos coregoninos e xénero Coregonus,[2][3][4] do que é a súa especie tipo.
Coregonus lavaretus | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Coregonus lavaretus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
A especie foi descrita por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae baixo o nome de Salmo lavaretus.[2][3][4]
Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse polos sinónimos:[2]
Hai moitas diferenzas entre as diversas formas de Coregonus pero, en xeral, teñen un corpo afilado, un maxilar superior lixeiramente sobresaínte e unha aleta dorsal carnosa, típica dos salmónidos.
O fociño é curto e afiado, feito que distingue a esta especie das outras dúas especies de Coregonus do norte de Europa, Coregonus albula e Coregonus peled. O primeiro ten un maxilar inferior protuberante, mentres que, no segundo, ambos os maxilares teñen a mesma lonxitude.
O dorso de Coregonus lavaretus é de cor verde azulada ou apardazada, os flancos son prateados e o ventre branco. As aletas son de cor gris escura.
Raramente alcanza máis de 55 cm de longo ou supera os 2 kg de peso.[5]
Endémico dos lagos Bourget e de Aiguebelette, na conca do río Ródano, en Francia, hai tempo tamén se encontraba no lago Léman.[1]
Coregonus lavaretus aliméntase principalmente de invertebrados que habitan no fondo, ou de zooplancto. Os espécimes máis grandes tamén consomen insectos que viven na superficie da auga e de alevíns. A reprodución realízase no outono, entre setembro e novembro, dependendo en gran medida da temperatura da auga.[5]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que especie extinguiuse no lago Léman a principios do século XX e, aínda que non hai ameazas actuais nin futuras para a especie nos pequenos lagos Bourget e Aiguebelette, pero que a introdución de coregónidos alóctonos é unha ameaza potencial, cualifica o seu status como VU (vulnerábel).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.