A Copa do Mundo de Rugby 2019 foi a 9ª edición da Copa do Mundo de Rugby. Nunha reunión celebrada en Dublín o 28 de xullo de 2009, a International Rugby Board anunciou que o Xapón sería o país organizador da competición, levando por primeira vez o mundial de rugby a Asia. Tamén foi a primeira vez que o anfitrión non era algunha das potencias tradicionais deste deporte.
Datos rápidos Nome oficial, Tipo ...
Copa do Mundo de Rugby 2019 |
Nome oficial | 2019 Rugby World Cup ラグビーワールドカップ2019 |
---|
Tipo | Copa do Mundo de Rugby |
---|
Deporte | rugby a 15 |
---|
Organizador | World Rugby Japan Rugby Football Union (en) |
---|
Número de participantes | 20 |
---|
|
Irlanda, Selección de rugby de Samoa, Selección de rugby de Xapón, Escocia, Selección de rugby de Rusia, Selección de rugby de Canadá, Italia, Selección de rugby de Suráfrica, Selección de rugby de Namibia, Francia, Selección de rugby de Arxentina, Selección de rugby de Tonga, Selección de rugby de Estados Unidos, Selección de rugby de Uruguai, Selección de rugby de Fidxi, Selección de rugby de Xeorxia, Gales e Selección de rugby de Australia |
|
Localización | Xapón 35°N 136°L |
---|
Intervalo de tempo | 20 de setembro de 2019 – 2 de novembro de 2019 |
---|
Número de edición | 9 |
---|
|
Primeiro posto | Selección de rugby de Suráfrica (3º) |
---|
Cualifica para | Copa do Mundo de Rugby 2023 |
---|
|
Partidos | 45 |
---|
|
|
Número de espectadores | 1.718.176 |
---|
|
Páxina web oficial | rugbyworldcup.com… |
---|
|
|
|
Pechar
Como organizador, a selección de rugby do Xapón estivo clasificada automaticamente para disputar o campionato. Outros 12 equipos acadaron a súa clasificación durante a Copa do Mundo de Rugby 2015. Os restantes 7 equipos participantes tiveron que acadar a súa participación nos torneos correspondentes a cada continente.