Copa Xunta de Galicia 2006
2ª edición da Copa Xunta de Galicia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Na Copa Xunta de Galicia, celebrada entre 2006 e 2007, participaron oito conxuntos galegos. A vitoria final correspondeulle ao Celta de Vigo. A Copa foi presentada no mes de abril de 2006 por Santi Domínguez, Director Xeral para o Deporte, Ánxela Bugallo, Conselleira de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, e mais por Julio Meana, presidente da Federación Galega de Fútbol.[1][2] A organización correu a cargo da Fundación Deporte Galego, a Dirección Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Fútbol. Contou coa participación dos clubs galegos que na tempada 2005-06 de fútbol estaban nas categorías de Primeira división, Segunda división ou Segunda división B. A Xunta considerou oportuno tamén invitar o CD Lugo para completar o número de oito equipos e facer dous grupos, norte e sur.[3]
Tipo | Copa Xunta de Galicia ![]() |
---|---|
Deporte | fútbol ![]() |
Organizador | Xunta de Galicia ![]() |
Número de participantes | 8 ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Galicia (España) 42°48′N 7°54′O |
País | España ![]() |
Número de edición | 2 (2006) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Real Club Celta de Vigo ![]() |
No grupo norte participaron estes catro equipos: Deportivo da Coruña, Racing de Ferrol, SD Negreira e CD Lugo. No grupo sur participaron estes catro equipos: Celta de Vigo, Pontevedra CF, CD Ourense e o filial Celta de Vigo B. Os partidos desta primeira fase comezaron o 6 de agosto de 2006 e remataron o 6 de setembro de 2006. Os equipos que remataron nos dous primeiros lugares pasaron a disputa-las semifinais a partido único. A final tivo lugar no estadio Anxo Carro o 3 de xaneiro de 2007, e nela proclamouse vencedor o Celta de Vigo cun resultado de 2-3.
A competición non tivo carácter oficial por non ser aprobada pola Asemblea da Federación Galega de Fútbol.[4]
Malia que foi anunciada como “a primeira edición”,[3] o certo é que xa se disputara anteriormente outro torneo co título Copa Xunta de Galicia en 1989[5][6] do que resultara gañador o Centro de Deportes Barco.[7]