Club Deportivo Ourense
club de fútbol galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Deportivo Ourense foi un club de fútbol galego da cidade de Ourense. Foi fundado no 1952, logo da desaparición da Unión Deportiva Orensana. Logo de descender de Segunda división B a Terceira División por mor de falta de pagamentos, en xullo de 2014 renunciou a participar en calquera competición de cara á campaña 2014/15[1].
Datos rápidos Nome, Fundación ...
Nome | Club Deportivo Ourense, S.A.D. | ||
---|---|---|---|
Fundación | 10 de setembro de 1952 | ||
Desaparición | 15 de xullo de 2014 | ||
Estadio | O Couto, Ourense, Galicia | ||
Inauguración | 1949 | ||
Capacidade | 5.659 | ||
| |||
Pechar
O CD Ourense xogou 13 tempadas na Segunda División, acadando o terceiro posto nas tempadas 1959–60 e 1961–62. Entre os seus títulos constan dúas Copa Federación e 8 ligas de Terceira División.