Constitución da Nación Arxentina
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Constitución da Nación Arxentina, que rexe actualmente na República Arxentina, foi aprobada por unha asemblea constituínte en 1853. Esta Constitución foi reformada varias veces, sendo a última en 1994.
A aprobación da Constitución de 1853 puso fin ás guerras civís e sentou as bases da Organización Nacional. Antes desta aprobación houbo varios intentos que foron rexeitados por diversos motivos.
O texto constitucional consta de dúas partes:
- Primeira parte: Declaracións, Dereitos e Garantías (arts. 1-43)
- Segunda parte: Autoridades da Nación (arts. 44-129)
Porén teñen rango constitucional en virtude do art. 75, inciso 22, os seguintes tratados internacionais:
- Declaración Americana dos Dereitos e Deberes do Home
- Declaración Universal dos Dereitos Humanos
- Convención Americana sobre Dereitos Humanos
- Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais
- Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos e o seu Protocolo Facultativo
- Convención Sobre a Prevención e a Sanción do Delito de Xenocidio
- Convención Internacional sobre a Eliminación de Todas as Formas de Discriminación Racial
- Convención Sobre a Eliminación de Todas as Formas de Discriminación Contra a Muller
- Convención Contra a Tortura e Outros Tratos ou Penas Crueis, Inhumanos ou Degradantes
- Convención Sobre os Dereitos do Neno