Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller (CEDAW, polas súas siglas en inglés) é un tratado internacional adoptado en 1979 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Descrito como unha declaración de dereitos internacional para a muller, entrou en vigor o 3 de setembro de 1981 e foi ratificado por 188 estados. Máis de cincuenta países que ratificaron a Convención fixérono suxeitos a determinadas declaracións, reservas e obxeccións, incluíndo 38 países que rexeitaron a aplicación do artigo 29, que se ocupa dos medios para arranxar controversias no tocante á interpretación ou aplicación da Convención.[1][2] A declaración de Australia destacou as limitacións do poder do goberno central como resultado do seu sistema constitucional federal. Os Estados Unidos e Palau asinaron, pero non ratificaron o tratado. A Santa Sé, Irán, Somalia, Sudán do Sur, Sudán e Tonga non son asinantes da Convención.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0e/Cedaw.jpg/320px-Cedaw.jpg)