Constitución Europea
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Constitución Europea é un tratado internacional que pretende a creación dunha constitución para a Unión Europea. Foi asinado no 2004 por representantes dos estados membros da Unión pero estaba suxeito a ratificación por tódolos estados membros, o cal aínda non sucedeu. As súas principais direccións eran: substituír o gran grupo de tratados existentes que forman a actual "constitución" da Unión, uniformar os dereitos humanos ó longo da Unión Europea, e racionalizar a toma de decisións no que é hoxe unha organización de 25 membros.
A Constitución Europea foi asinada polos representantes dos estados membros o 29 de outubro de 2004, e estaba en proceso de ratificación polos estados membros até que, no 2005, os votantes de Francia (29 de maio) e Países Baixos (1 de xuño) rexeitaron o tratado en referendo. A falta de apoio popular da constitución neses estados fixo que outros países pospoñesen ou detesen os seus procesos de ratificación, e a Constitución ten hoxe un futuro francamente incerto. Téndoo ratificado, o tratado comezaria a aplicarse o 1 de novembro de 2006. En maio de 2006 Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo e Malta retificaron o tratado constitucional.