![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0d/Darfur_IDPs_1_camp.jpg/640px-Darfur_IDPs_1_camp.jpg&w=640&q=50)
Conflito de Darfur
From Wikipedia, the free encyclopedia
O conflito de Darfur (ou xenocidio de Darfur) é un conflito armado que ocorre na rexión de Darfur, no oeste do Sudán, que confronta principalmente aos janjawid (milicianos recrutados entre os baggara, tribos nómades africanas de lingua árabe e relixión musulmá) cos pobos non-árabes da área. O goberno sudanés, aínda que negue publicamente que apoia os janjawid, tenlles fornecido armas e asistencia e ten incluso colaborado en ataques conxuntos. Tivo comezo en febreiro de 2003 e segue hoxe en día.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0d/Darfur_IDPs_1_camp.jpg/640px-Darfur_IDPs_1_camp.jpg)
As mortes causadas polo conflito estímanse entre 50.000 (Organización Mundial da Saúde, setembro de 2004) e 450.000 (Dr. Eric Reeves, 28 de abril de 2006). A maioría das ONG traballa coa estimativa de 400.000 mortes. O número de persoas obrigadas a deixar os seus lares estímase en 2 000 000. Os medios de comunicación veñen describindo o conflito como un caso de "limpeza étnica" e de "xenocidio". O goberno dos EUA tamén o considera xenocidio, aínda que as Nacións Unidas aínda non o teñan feito.
Cando os combates se intensificaron en xullo e agosto de 2006, o Consello de Seguridade das Nacións Unidas aprobou a Resolución 1706, de 31 de agosto de 2006, que prevé o envío dunha nova forza de mantemento da paz da ONU, composta de 20.000 homes, para substituír as tropas da Unión Africana presentes no lugar, que contan con 7000 soldados. O Sudán oponse á Resolución e, no día seguinte, lanzou unha grande ofensiva na rexión.
A diferenza da Segunda Guerra Civil Sudanesa, que opuxo o norte musulmán ao sur cristián e animista, en Darfur non se trata dun conflito entre musulmáns e non musulmáns pois a maioría da poboación é musulmá, inclusive os janjawid.