Milicia
un exército ou outra forza de combate que está composta por loitadores non profesionais / From Wikipedia, the free encyclopedia
Dende o punto de vista etimolóxico, milicia pode referirse a facer a guerra e disciplinar aos soldados para este efecto.[1] Do mesmo xeito, tamén caracteriza o servizo ou profesión militar ou un conxunto de tropa ou xente de guerra.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Con todo, o termo milicia utilizouse tamén, nun sentido máis restrinxido, para referirse a unha forza militar composta soamente de cidadáns, os cales se dedican á defensa do seu pobo ou nación, a aplicación da lei de emerxencia, ou de paramilitares de servizos, en momentos de emerxencia, e que non reciben ningún salario regular nin se comprometeron a un prazo fixo de servizo. Trátase dunha polisemia con múltiples significados distintos pero relacionados.
En xeral, unha milicia é o grupo formado pola unión de varios cidadáns que se organizan para proporcionar defensa ou servizos paramilitares a unha causa, sen recibir paga de forma regular ou estar adscritos á mesma por un período prefixado (a diferenza dun soldado regular), e de forma voluntaria (a diferenza dos membros dunha leva ou substitución obrigatoria). O membro dun destes grupos é, por extensión, un miliciano ou unha miliciana.[2]
A milicia pode comportarse ocasionalmente como exército regular ou como guerrilla, segundo a relación de forzas que teña con cada opoñente en concreto.