![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f7/Map-NDB.svg/langgl-640px-Map-NDB.svg.png&w=640&q=50)
Confederación Alemá do Norte
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Federación Alemá do Norte (en alemán, Norddeutscher Bund) tivo o seu inicio en 1867, logo da disolución da Confederación Xermánica. Formada por 22 estados do norte de Alemaña, foi un agrupamento transitorio, que durou só ata a proclamación do Imperio Alemán en 1871.
Norddeutscher Bund (de) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Berlín ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 32.914.800 (1870) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua alemá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 405.278 km² ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xullo de 1867: causado por North German Confederation Treaty ![]() | ||||
Disolución | 31 de decembro de 1870 ![]() | ||||
Sucedido por | Imperio Alemán ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república federal monarquía dual ![]() | ||||
• Bundespräsidium (en) ![]() ![]() | Guillerme I de Alemaña (1867–1870) ![]() | ||||
• Xefe do goberno | Otto von Bismarck (1867–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Reichstag (pt) ![]() ![]() | ||||
Moeda | Marco alemán ![]() | ||||
A diferenza da Confederación Xermánica, a Federación Alemá do Norte foi un verdadeiro estado. O seu territorio estaba comprendido polas partes da Confederación Xermánica que se atopaban ao norte do Main; os territorios orientais de Prusia e o Ducado de Schleswig, mais excluía a Austria, Baviera, Württemberg, Baden e os territorios meridionais do Gran Ducado de Hesse. Con todo, consolidou o poder prusiano no norte de Alemaña, e puxo os cimentos do control prusiano sobre o sur, grazas á Zollverein e a Tratados de Paz Secretos (asinados cos estados meridionais o día anterior á Paz de Praga).
Aínda que deixou de existir logo da creación do Imperio Alemán, foi a primeira pedra deste. A súa constitución daba grandes poderes ao novo Chanceler (Bismarck), quen foi designado pola Presidencia do Bundesrat. Isto foi así porque o chanceler era inmune ante o Reichstag, o que lle permitiu ser a única ligazón entre o Presidente e o pobo porén, a constitución non era tan conservadora. O Chanceler retivo o poder sobre o aparello militar (logo da amarga experiencia da Crise Constitucional de 1862 en Prusia, que case devora a Guillerme I). Porén, non se toleraba oposición algunha á Chancelaría: os civís que se opuxeran a Bismarck na década do 1860 tiñan prohibido exercer cargos públicos.