A palabra conciencia ten orixe no vocábulo latino constientia (coñecemento compartido). A conciencia é un acto psíquico mediante o cal unha persoa percíbese a si mesma no mundo, mentres que por outra parte é unha propiedade do espírito humano que permite recoñecerse nos atributos esenciais. Conciencia é o nome que se lle da ao sentido interno que permite distinguir o que está ben do que está mal. Considérase que a liberdade de conciencia é un dos dereitos humanos básicos.[1]

O Bo Samaritano de Vincent van Gogh, 1890. Museo Kröller-Müller.

Pero as opinións sobre o que está mal ou está ben difiren, polo que parece lóxico crer que cada persoa debe seguir a súa propia conciencia. Para comezar, os ditados da conciencia non sempre son acertados e por outra parte a conciencia dalgunha persoa pode facer que esa persoa actúe en contra da opinión xeral ou da lei e o feito de culpar á conciencia non sería excusa para obrar mal.

Conciencia en humanos

Na especie Homo Sapiens, a conciencia implica varios procesos cognitivos interrelacionados mediante os cales o ser humano ten conciencia da súa propia existencia e mediante os sentidos recolle información do que lle rodea. Por exemplo, unha persoa que está baixo os efectos do cloroformo volve a ter conciencia cando se van os efectos deste anestésico.

A conciencia en psiquiatría pode tamén definirse como o estado cognitivo non abstracto que permite a interactuación, interpretación e asociación cos estímulos externos, chamados realidade.

Conciencia en animais

O pensamento abstracto presentaríase noutras especies animais, ata un punto que debe clarificarse.

O 7 de xullo de 2012 científicos relacionados coa neurociencia firmaron na Universidade de Cambridge a Declaración de Cambridge sobre a conciencia, na que expoñían que era obvio que os animais teñen conciencia[2] pero esa obviedade non o era para o resto do mundo. Algúns estudos falaron de altos niveis de conciencia nalgunhas especies de animais comparándoos cos niveis humanos.

Conciencia e intelixencia artificial

Nos últimos anos os científicos e os filósofos que estiveran buscando unha teoría da conciencia e tratando de identificar ditos procesos cerebrais (feito que non conseguiron) chegaron a varias conclusións:

1.-A conciencia non ten base física, polo que non se pode chegar a reflectir nos escáneres cerebrais.

2.-A ciencia do cerebro aínda está na súa infancia, e talvez as teorías neuronais da conciencia ofrezan explicacións máis satisfactorias no futuro.

3.-Colin McGinn suxire que a capacidade de entender como podería xurdir a conciencia a partir dos procesos físicos pode reflictir unha limitación da comprensión humana.

Hai pretensións teóricas de chegar a construír intelixencia artificial que posuíra algún tipo de conciencia. Na primavera de 2022 un enxeñeiro de Google afirmou que LaMDA tiña conciencia de seu, xerando controversia e un amplo rexeitamento da comunidade científica[3].

Conciencia filosófica

En termos filosóficos a definición de conciencia evolucionou ao longo do tempo. Inicialmente a Igrexa cristiá considerou a conciencia como un esclarecemento interno dado por Deus para distinguir o ben do mal. Posteriormente, Santo Agostiño remitiu a conciencia á razón e Tomé de Aquino definiuna como unha facultade máis complexa que axuda a razoar sobre a corrección ou incorrección moral das accións complexas. Nos séculos XVII e XVIII os filósofos tamén pensaron nunha facultade moral, que inclúe o sentimento: epugnancia do mal e aprobación do ben.

A descrición kantiana do papel que desempeña a razón na toma de decisións morais é máis abstracta e complexa que a simple apelación á conciencia. Para Kant a conciencia é o desexo de seguir a lei moral polo simple feito de que é a lei moral: o principio do poder polo deber mesmo.

O marxismo sostiña que a conciencia de clase era determinante nos actos dos seres humanos, levando o concepto de conciencia ao terreo político práctico e definindo de feito ao ser humano polas súas decisións en tanto partícipe dun grupo social.

Relativismo moral

É habitual presupor que se debe obedecer á conciencia, pero esta sinxela idea presenta unha serie de dificultades. Moitos problemas morais son complexos e necesitan realizarse dun modo moral que non está ao alcanze da conciencia, ademais parece haber excepcións lexítimas a principios xeralmente acordados, como o de que un non debería mentir e que a conciencia non sempre transmite unha mesma mensaxe.

En resumo as opinións sobre o que está ben e o que está mal difiren, parece que cada cultura ten un concepto diferente. É posible esaxerar as diferenzas, pero, aínda que existan, a idea de que a conciencia é unha fonte de valores compartidos pode atopar a súa base na similitude das necesidades humanas.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.