Concello de Filipstad
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Filipstad é un municipio sueco (kommun) do condado de Värmland.[1] A súa capital é Filipstad. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 10 372 habitantes.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Värmland | ||||
Capital | Filipstad (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.908 (2024) (5,79 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.711,7 km² | ||||
Altitude | 284 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Filipstad Municipality, Sweden (en) | Per Gruvberger (en) (2003–2020) Åsa Hååkman Felth (en) (2020–2022) Christer Olsson (en) (2023–) | ||||
Páxina web | filipstad.se | ||||
A área do concello correspóndese coa das parroquias de Brattfors, Färnebo, Gåsborn, Kroppa, Nordmark e Rämmen. Nestas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862. Na zona tamén estaba a cidade de Filipstad que en 1863 fundou unha cidade municipal (stadskommun).
Na zona houbo entre o 22 de febreiro de 1946 e o 31 de decembro de 1966 a localidade municipal de Lesjöfors.
O köping de Storfors fundouse en 1950 tras separarse do concello rural de Kroppa.
Coa reforma municipal de 1952 fundouse o gran concello de Värmlandsberg (a partir dos catro municipios de Brattfors, Gåsborn, Färnebo e Nordmark) mentres que o concello rural de Kroppa, o de Rämmen e a cidade de Filipstad permaneceron sen cambios.
O concello de Filipstad fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Filipstad e dos concellos rurais de Värmlandsberg, Kroppa e Rämmen.[3]
Dende a súa fundación ata o ano 2005 o concello pertenceu ao partido xudicial de Kristinehamn e dende entón pertence ao de Värmland.[4]
Os arredores da capital floreceron grazas á mineiría, sobre todo de ferro. As actividades mineiras na zona remóntanse ao século XIV e a área poboouse debido a elas.[5]
A cidade de Filipstad foi fundada polo rei Carlos IX o día 6 de abril de 1611, bautizándoa así polo seu fillo Carlos Filipe (Filipstad significa "cidade de Filipe"). Filipstad é a segunda cidade máis antiga do condado de Värmland[5] por detrás de Karlstad, fundada polo mesmo rei poucos anos antes, en 1584.[6]
Filipstad perdeu os seu privilexios de cidade durante case 150 anos tras un gran incendio en maio de 1694.[5]
Durante o século XVIII a actividade mineira aumentou cando se dispuxo de tecnoloxía de voadura eficiente, e a enerxía hidráulica logró o seu avance grazas aos inventos de Christopher Polhem.[5]
No século XIX comezou unha animada actividade de construción e a cidade medrou a un ritmo rápido, tamén coa axuda de mellores comunicacións coa canle Filipstads bergslags e coa chegada do ferrocarril.[5] Entre 1810 e 1861 a súa poboación pasou de 560 a 1 798 habitantes.[5]
Ata o ano 2016 para informes de poboación o concello estaba dividido nunha única parroquia, a parroquia de Filipstad. Dende ese ano o municipio divídese nos seguintes distritos:[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.