acto de transmitir os significados previstos dunha entidade ou grupo a outro a través do uso de signos e regras mutuamente comprendidos From Wikipedia, the free encyclopedia
A comunicación (do latín communicare, "tornar común", "trocar ou asociar opinións", "conferenciar") é unha función da linguaxe, considerada comunmente como primordial.
Comunicarse, significa polo tanto, estar en relación con; representa a acción de pór en común, de compartir ideas, sentimentos, actitudes. É un intercambio de experiencias socialmente significativo, un esforzo para a converxencia de perspectivas. A comunicación é a resposta dun ser vivo a un estímulo. Se o estímulo é ignorado polo individuo, non hai comunicación, pois a mensaxe sen resposta non pode considerarse un acto comunicativo. Polo tanto, a comunicación implica a participación dun emisor e un receptor que interaccionan intercambiando mensaxes, emitindo e recibindo información.
Función comunicativa: considérase como base para o desenvolvemento lingüístico. A linguaxe posibilita a integración do suxeito no medio social; é o vehículo regulador de comportamentos, relacións afectivas e sociais así como soporte de regras culturais.
Dependendo das clases de signos que se empregue, diferénciase a comunicación non verbal e a comunicación verbal.
En moitas ocasións os signos verbais e os signos non verbais combínanse nunha mensaxe, dando lugar a formas mixtas de comunicación. Un exemplo sería un anuncio publicitario, o cinema ou unha banda deseñada.
Se se atende á relación que se establece entre emisor e receptor, diferénciase unha comunicación unilateral e outra comunicación bilateral. A comunicación unilateral prodúcese cando o receptor non se converte en emisor. Sucede nos sinais de tráfico. A comunicación bilateral prodúcese cando o receptor se pode converter á súa vez en emisor. Sucede nunha conversa.
A comunicación non verbal consiste en transmitir significados na forma de mensaxes non verbais. Empréganse signos non lingüísticos. Exemplos de comunicación non verbal inclúen os xestos, as expresións faciais, a expresión corporal, o contacto visual, a maneira de vestir, a háptica (comunicación por medio do tacto), a cronémica (significado do tempo na comunicación) e a kinésica (linguaxe corporal), entre outros. A mesma comunicación oral contén elementos non verbais como a paralingüística (elementos non verbais que acompañan á lingüística, por exemplo tons de sorpresa, interese, desinterese, medo, cansazo, insinuacións etc.) Segundo estudos, o 55 % da comunicación humana dáse por medio de expresións faciais non verbais e un 38 % por medio da paralinguaxe.[1] Isto inclúe a mesma comunicación escrita na que é posible determinar sentidos no estilo de escritura, a distribución de espazos entre palabras e o uso de emoticonas para transmitir emocións. Neste sentido, para transmitir unha mensaxe empréganse cores, como a marca azul e vermella das billas, sons como a sirena dunha ambulancia e xestos, como chiscar un ollo.
Algúns dos propósitos da comunicación non verbal inclúen a complementación e ilustración da mensaxe para reforzar ou enfatizalo, substituír, controlar ou regular e mesmo contradicir. Isto dálle unha grande importancia á comunicación non verbal porque contribúe a reforzar as ideas e propósitos do emisor e axuda ao receptor a unha mellor decodificación da mensaxe que recibe.
A comunicación verbal ou comunicación lingüística é aquela que emprega as palabras como signos. Non pode ser illada dunha serie de factores para que sexa efectiva, o que inclúe a comunicación non verbal, as habilidades de escoita e a clarificación. A linguaxe humana pode ser definido como un sistema de símbolos ou signos lingüísticos, coñecidos como lexemas e regras gramaticais nos que os símbolos son manipulados. A palabra "linguaxe" refírese ademais ás propiedades comúns do mesmo. Con estes signos represéntanse os obxectos e feitos da realidade, e uníndoos mediante as regras da gramática constrúense mensaxes complexas, é dicir, as oracións, coas que se representan pensamentos. No caso de que dúas persoas falen a mesma lingua, recoñecerán os signos que cada un pronuncia e o seu significado, de tal forma que evocará na mente un pensamento ou unha idea que é a que se quería transmitir.
A aprendizaxe deste ocorre normalmente e de forma intensa durante os anos da nenez humana. A maioría dos idiomas no mundo empregan sons e xestos como símbolos que posibilitan a comunicación con outras linguaxes, os que tenden a compartir certas propiedades, aínda que existen excepcións. Non existe unha liña definida entre unha linguaxe e un dialecto. As linguas construídas como o esperanto, a linguaxe de programación e varios formalismos matemáticos, non están necesariamente restrinxidos polas propiedades compartidas pola linguaxe humana.
Fundamentalmente a comunicación verbal é oral, empregando palabras pronunciadas coa voz. Tamén pode ser escrita. Na escritura transfórmanse os sons en letras, e as palabras pronunciadas en palabras gráficas.
A comunicación escrita, a diferenza da verbal, ten outra maneira de interacción entre emisor e receptor, producíndose no tempo ou mesmo nunca, aínda que o escrito pode perdurar. A través da historia, este tipo de comunicación desenvolveuse grazas ao impacto das tecnoloxías e da ciencia. Estes procesos de desenvolvemento divídense en tres etapas: Os pictogramas como as formas máis primitivas de escritura humana; o desenvolvemento de alfabetos en diferentes linguas escritos sobre soportes físicos como a pedra, a cera, a arxila, o papiro e, finalmente, o papel; e por último a información transmitida a través de medios electrónicos.
A comunicación escrita require a habilidade interpersoal de procesar, escoitar, observar, falar, cuestionar, analizar, xestar e avaliar en tal xeito que se posibilite a colaboración e a cooperación. Os malentendidos poden anticiparse e resolverse a través de formularios, preguntas e respostas, parafraseo, exemplos e historias.[3]
Os seguintes son os elementos básicos da comunicación:
Os seguintes son os elementos básicos mecánicos da comunicación:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.