Comenius
From Wikipedia, the free encyclopedia
John Amos Comenius (en checo: Jan Amos Komenský; en alemán: Johann Amos Comenius; latinizado como Ioannes Amos Comenius), nado no margraviato de Moravia[1][2] o 28 de marzo de 1592 e finado en Ámsterdam o 15 de novembro de 1670,[3] foi un filósofo, pedagogo e teólogo checo, considerado o pai da educación moderna.[4][5] Serviu como o último bispo dos irmáns checos antes de converterse nun refuxiado relixioso e un dos grandes defensores da educación universal, concepto que puxo en camiño no seu libro Didactica Magna. Como educador e teólogo, liderou escolas e aconsellou gobernantes na Europa protestante de mediados do século XVII.
Nome orixinal | (cs) Jan Amos Komenský |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de marzo de 1592 Uherský Brod (pt) |
Morte | 15 de novembro de 1670 (78 anos) Ámsterdam (Países Baixos) |
Lugar de sepultura | Naarden (pt) |
Director de escola | |
Bispo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio de Habsburgo |
Relixión | Unity of the Brethren (en) |
Educación | Universidade de Heidelberg (1613–1614) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pedagoxía, teoloxía, filosofía, filosofía da natureza, ciencia, literatura e religious emigration (en) |
Lugar de traballo | Přerov (pt) Fulnek (pt) |
Ocupación | mestre , lingüista , presbítero , escritor , teólogo , filósofo , científico , pedagogo , arquiveiro |
Lingua | Lingua latina, lingua checa e lingua alemá |
Familia | |
Cónxuxe | Johanna Gajusová (1649–1670) Marie Dorota Cyrillová (1624–1648) Magdalena Vizovská (1618–1622) |
Fillos | Alžběta Komenská (en) () Daniel Komenský (en) () Marie Dorota Cyrillová (en) |
Parentes | Peter Figulus Jablonsky (en) (xenro) Daniel Ernst Jablonski (pt) (neto) |
Comenius introduciu unha serie de conceptos educativos e innovacións que incluían libros de textos ilustrados en linguas nativas distintas do latín, ensinanzas baseadas en desenvolvementos graduais dende o máis simple aos conceptos máis comprensivos, aprendizaxe ao longo da vida con centro no pensamento lóxico por riba da memorización, igualdade de oportunidades para os nenos empobrecidos, educación para as mulleres e instrución práctica e universal. Ademais de na súa Bohemia natal, viviu e traballou noutros países, como Suecia, a Comunidade Polaco-Lituana, Transilvania, Inglaterra, os Países Baixos e Hungría.