Comarcas de Cataluña
artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
As comarcas de Cataluña (en catalán: comarques) son a actual división do territorio da comunidade autónoma de Cataluña, en España.
Ten a súa orixe nun decreto da Generalitat de Cataluña do ano 1936, que tivo vixencia até o 1939 cando foi suprimida polo franquismo. Posteriormente, retomouse en 1987 tras a restauración da democracia, en 1988 engadíronse tres comarcas (Pla de l'Estany, Pla d'Urgell e Alta Ribagorça) e en 1990 modificouse algún límite territorial. En 2015 engadiuse a comarca histórica do Moianès.
Hai 42 comarcas en Cataluña, co seu goberno e administración dirixidos polos consellos comarcais (consells comarcals) agás o Val d'Aran, considerado entidade territorial singular e xestionado polo Consello Xeral de Arán.
A división comarcal de Cataluña de 1936 foi unha división territorial administrativa establecida por decreto pola Generalitat de Cataluña o ano 1936 que dividía o territorio en 38 comarcas e 9 supercomarcas ou vigairías (vegueries). A división aprobouse a partir dos estudos feitos polo relatorio creado ad hoc en 1932, formado, entre outros, por Pau Vila, Antoni Rovira i Virgili, Josep Iglésies etc. No ano 1939, ao termo da guerra civil española, foi abolida polo réxime de Franco.
Foron restablecidas de novo en 1987 a Generalitat adoptou de novo esta división territorial, modificándoa en 1988 para engadir o Pla de l'Estany, o Pla d'Urgell e a Alta Ribagorça, en 1990 para modificar algún límite territorial e de novo en 2015 para engadir o Moianès.
A maioría das comarcas están circunscritas a só unha provincia, coas únicas excepcións de Berguedà, Osona, Selva e Cerdanya. Aínda que en realidade Vall d'Arán non ten status de comarca (e polo tanto consello comarcal; ten en cambio o Conselh Generau d'Aran), inclúese nesta táboa para completar o espazo territorial da comunidade autónoma. A Cataluña do Norte en Francia tamén se adoita dividir xeograficamente en cinco comarcas (que xunto con Fenolleda conforman o departamento francés de Pireneos Orientais), aínda que non teñen carácter oficial.
Comarca | Poboación | Extensión (km²) | Capital | Provincias |
---|---|---|---|---|
Alt Camp | 33.635 | 544,7 | Valls | Tarragona |
Alt Empordà | 99.321 | 1.342,4 | Figueres | Xirona |
Alt Penedès | 80.976 | 592,4 | Vilafranca del Penedès | Barcelona |
Alt Urgell | 19.105 | 1.446,9 | La Seu d'Urgell | Lleida |
Alta Ribagorça | 3.477 | 426,8 | El Pont de Suert | Lleida |
Anoia | 93.529 | 866,6 | Igualada | Barcelona |
Bages | 184.403 | 1.299,1 | Manresa | Barcelona |
Baix Camp | 145.675 | 695,3 | Reus | Tarragona |
Baix Ebre | 66.369 | 987,9 | Tortosa | Tarragona |
Baix Empordà | 102.566 | 700,5 | La Bisbal d'Empordà | Xirona |
Baix Llobregat | 692.892 | 486,5 | Sant Feliu de Llobregat | Barcelona |
Baix Penedès | 61.256 | 295,5 | El Vendrell | Tarragona |
Barcelonès | 2 093 670 | 143,1 | Barcelona | Barcelona |
Berguedà | 37.995 | 1.182,5 | Berga | Barcelona e Lleida |
Cerdanya | 14.158 | 546,4 | Puigcerdà | Lleida e Xirona |
Conca de Barberà | 18.766 | 648,9 | Montblanc | Tarragona |
Garraf | 108.194 | 592,4 | Vilanova i la Geltrú | Barcelona |
Garrigues | 18.999 | 799,7 | Les Borges Blanques | Lleida |
Garrotxa | 47.747 | 592,4 | Olot | Xirona |
Gironès | 136.543 | 575,5 | Xirona | Xirona |
Maresme | 356.545 | 396,9 | Mataró | Barcelona |
Moianès | 12.878 | 335,2 | Moià | Barcelona |
Montsià | 57.550 | 708,7 | Amposta | Tarragona |
Noguera | 34.744 | 1.733,0 | Balaguer | Lleida |
Osona | 154.897 | 1.260,2 | Vic | Barcelona e Xirona |
Pallars Jussà | 12.057 | 1.290,0 | Tremp | Lleida |
Pallars Sobirà | 6.174 | 1.355,2 | Sort | Lleida |
Pla de l'Estany | 24.347 | 262,7 | Banyoles | Xirona |
Pla d'Urgell | 29.723 | 304,5 | Mollerussa | Lleida |
Priorat | 9.196 | 496,2 | Falset | Tarragona |
Ribera d'Ebre | 21.656 | 825,3 | Móra d'Ebre | Tarragona |
Ripollès | 25.744 | 958,7 | Ripoll | Xirona |
Segarra | 18.497 | 721,2 | Cervera | Lleida |
Segrià | 166.090 | 1.393,7 | Lleida | Lleida |
Selva | 117.393 | 995,5 | Santa Coloma de Farners | Barcelona e Xirona |
Solsonès | 11.466 | 998,6 | Solsona | Lleida |
Tarragonès | 181.374 | 317,1 | Tarragona | Tarragona |
Terra Alta | 12.196 | 740,0 | Gandesa | Tarragona |
Urgell | 31.026 | 586,2 | Tàrrega | Lleida |
Vall d'Aran | 7.691 | 620,5 | Vielha | - (Lleida) |
Vallès Occidental | 736.682 | 580,7 | Sabadell e Terrassa | Barcelona |
Vallès Oriental | 403.623 | 851 | Granollers | Barcelona |
O ano 2000, no Informe Roca, un equipo formado por Miquel Roca i Junyent e Jesús Burgueño, entre outros, propuxeron crear algunha comarca máis: Moianès (capital: Moià), aprobada polo Parlament de Catalunya o 15 de abril de 2015, Vall de Camprodon (capital: Camprodon), Selva Marítima (ou Marina) (capital: Blanes), Alta Segarra (capital: Calaf) e Segre Mitjà (capital: Ponts), ademais de dividir o Baix Llobregat en dous (a parte norte, o Baix Llobregat Nord, con capital en Martorell). Todos os casos son antigas reivindicacións comarcais.
Aínda J. Burgueño, o ano 2003, propuxo de crear tamén o Lluçanès (capital: Prats de Lluçanès), a Vall de Ribes (capital: Ribes de Freser), a Ribera de Sió (capital: Agramunt), a Baixa Segarra (capital: Santa Coloma de Queralt) e o Baix Montseny (capital: Sant Celoni), ademais cambiando os límites de varias comarcas.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.