concello de Cataluña From Wikipedia, the free encyclopedia
Berga é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. É a capital da comarca do Berguedà. A zona vella foi construída na década de 1360.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Ámbito funcional territorial | Comarques Centrals | |||
Comarca | Berguedà | |||
Capital de | ||||
Capital | Berga (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 16.959 (2023) (750,4 hab./km²) | |||
Número de fogares | 187 (1553) | |||
Lingua oficial | lingua catalá | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 22,6 km² | |||
Bañado por | Río Llobregat | |||
Altitude | 704 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Santo padrón | Baia de Mérida | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Ivan Sànchez i Rodríguez (pt) (2021–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 08600 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 08022 | |||
Código territorial IDESCAT | 080229 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | ajberga.cat |
A cidade de Berga atópase entre un val na Depresión Central Catalá e o Pre-pireneo, protexida dos ventos do norte pola montaña de Queralt e próxima ao río Llobregat que pasa polo extremo meridional do seu termo. Cabe destacar a súa situación xeográfica privilexiada no centro de Cataluña, que a converteu nun importante cruzamento de comunicacións.
A súa vexetación máis abundante é de piñeiro, aciñeira e carballo.
Parece que pode ser a antiga Castrum Bergium, citada por Tito Livio. A invasión árabe no Berguedà foi cara ao ano 715 , logo de librarse do seu dominio, no século X formou parte do condado da Cerdaña. Foi conde de Berga Wifredo II de Cerdaña ata o seu retiro ao mosteiro do Canigó en 1035. Cando morreu o conde Bernardo Guillermo sen descendencia, pasou definitivamente o Condado de Berga a pertencer ao Condado de Barcelona no ano 1117, sendo conde Ramón Berenguer III.
No 1347 padeceu a peste negra.
Entre 1654 e 1655 foi capturada polos franceses.
Na Guerra de Sucesión Española deu apoio a Filipe V de España.
En 1854 sufriu un ataque de cólera.
A súa economía máis importante é a actividade industrial, principalmente de fiados e tecidos, a siderometalúrgica e a da madeira. A primeira máquina de fiar utilizada pola industria catalá, foi inventada en Berga pola familia Farguell no século XVIII e coñecida co nome de "A Berguedana".
Antigamente tivera unha moi importante industria relacionada coa minería.
A gandería bovina, porcina e avícola está moi recoñecida en toda a comarca, celebrándose importantes feiras durante o ano.
Conta cunha poboación de .
Gráfica de evolución demográfica de Berga[1] entre 1842 e 2021 |
Desde sempre foi famosa na comarca a gastronomía de Berga, polas súas materias primas, carne, embutidos, queixos e a gran variedade de cogomelos que se atopan nos seus bosques.
As festas máis importantes son a Patum e Els Elois.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.