Comarcas de Cataluña
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
As comarcas de Cataluña (en catalán: comarques) son a actual división do territorio da comunidade autónoma de Cataluña, en España.
Ten a súa orixe nun decreto da Generalitat de Cataluña do ano 1936, que tivo vixencia até o 1939 cando foi suprimida polo franquismo. Posteriormente, retomouse en 1987 tras a restauración da democracia, en 1988 engadíronse tres comarcas (Pla de l'Estany, Pla d'Urgell e Alta Ribagorça) e en 1990 modificouse algún límite territorial. En 2015 engadiuse a comarca histórica do Moianès.
Hai 42 comarcas en Cataluña, co seu goberno e administración dirixidos polos consellos comarcais (consells comarcals) agás o Val d'Aran, considerado entidade territorial singular e xestionado polo Consello Xeral de Arán.