![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c3/CO-colon-2000-02.jpg/640px-CO-colon-2000-02.jpg&w=640&q=50)
Colón, Panamá
From Wikipedia, the free encyclopedia
Colón é a capital da provincia panameña de Colón, situada na costa caribeña de Panamá. A poboación estimada para 2016 é dunhas 206 553 persoas na súa conurbación, sendo a terceira concentración urbana máis poboada do país despois da cidade de Panamá e San Miguelito.[1][2] Está comunicada coa capital por medio da Estrada Transísmica (autoestrada Panamá-Colón), que a une coa costa do océano Pacífico en 78,9 km. É a segunda cidade máis poboada do Caribe de Centroamérica. O seu centro urbano ten uns 79 000 habitantes. Posúe un dos portos máis grandes de América Latina.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Panamá | |||
Provincias | Provincia de Colón ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 241.817 (2016) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Bañado por | Océano Atlántico e Mar Caribe ![]() | |||
Altitude | 9 m ![]() | |||
Creación | 1850 ![]() | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Federico Policani (en) ![]() ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | municipiocolon.gob.pa ![]() |
Colón está situada preto da entrada caribeña da Canle de Panamá. É de importancia comercial para o país debido á Zona Libre de Colón (a segunda máis grande do mundo) e pola actividade nos diferentes portos. É a principal entrada ao país polo Caribe.