estrutura cerrada para criar abellas e aproveitar o seu mel From Wikipedia, the free encyclopedia
A colmea, que tamén recibe os nomes de cortiza, cortizo, covo e trobo, é o niño dunha colonia de abellas. As colonias de abellas son organizacións sociais complexas e xerárquicas que poden chegar a conter ata 80.000 individuos. Están integradas por tres castes distintas de abellas: as obreiras, os abázcaros e a abella mestra. As abellas que se ven comunmente son as obreiras, que tamén constitúen a parte máis numerosa da colonia.
As abellas forman as súas colonias de xeito moi diferente de como o fan outros insectos sociais, como as formigas. Cando unha nova abella mestra nace divídese a colonia. Para constituír un novo grupo, a abella mestra de máis idade abandona a colmea, leva canda ela un crecido número de obreiras e deixa a mestra máis nova a cargo do que resta da colonia orixinal. Este proceso natural de formación dunha nova colonia chámase enxamia e o grupo de abellas coa súa nova mestra chámase enxame. Existen diferentes métodos artificiais de creación de novas colonias que aproveitan esta tendencia natural das abellas a permanecer coa súa mestra[1].
Ademais existe unha serie de accesorios, tales como excluidores das mestras, trampas para o pole, alimentadores etc, cos que se persegue incrementar o rendemento da colmea.
Existen dous tipos de colmeas dende o punto de vista metodolóxico[2]:
O grosor dass táboas que forman as paredes das colmeas son de 25 mm xeralmente. As medidas da táboa que expoñemos a continuación están en centímetros.
Tipo | Langstroth | Dadant | Lusitana | Warré | Layens |
---|---|---|---|---|---|
Medidas cámara cría | 51 x 42,5 x 24 | 51 x 42,5 x 31 | 37 x 38 x 31 | 30 x 30 x 21 | segundo Nº cadros (con 12 cadros 49 x 34,5 x 41) |
Medidas alzas | 51 x 42,5 x 24 | 51 x 42,5 x 17 | 37 x 38 x 16 | 30 x 30 x 21 | (En colmeas mixtas, poden adaptarse cadros de media alza langstroth perpendiculares) |
Med. cadro cámara | 42 x 20 | 42 x 27 | 33 x 27 | 30 x 20 (sen marcos) | 35 x 30 |
Med cadro alza mel | 42 x 20 | 42 x 13 | 33 x 12 | 30 x 20 (sen marcos) | 35 x 30 |
Superficie cadro | 160 dm² | 220 dm² | 180 dm² | 120 dm² (sen marcos) | 240 dm² |
Cría teórica | 45.000 abellas | 60-62.000 abellas | 50.000 abellas | 22.500 abellas | 67.200 abellas |
kg de abella x cría | 4,5 kg | 6 kg | 5 kg | 2,25 kg | 6,7 kg |
Capacidade en litros | 42,4 L | 54 L | 43,5 L | 18,9 L | 68,1 L (12 cadros estándar) |
Capacidade total | 84,8 L | 84 L | 65,9 L | 56,7 L (3 corpos) | |
Capacidade na alza melaria | 25 kg | 16 kg | 13 kg | 12 kg |
O conxunto de colmeas que un apicultor ten nun determinado lugar físico chámase apiario. O apicultor adoita ter varias colmeas en cada apiario, dependendo da capacidade polinífera e nectarífera da flora que haxa no lugar. Recoméndase non facer nunca apiarios de máis de 50 colmeas para non provocar a competencia entre as colmeas e manter a produción de mel por colmea.
As alvarizas, abellarizas ou cortiños[3] son tradicionais en Galicia e outras zonas peninsulares. Son recintos murados que, en zonas de montaña, se empregan para protexer os apiarios da depredación dos animais silvestres, especialmente dos osos, e da acción agresiva dos ventos do inverno. As alvarizas teñen planta aproximadamente circular, muros altos e portas estreitas polas que non sexa doado o acceso aos animais de maior tamaño. Tamén existen construcións chamadas fornos onde se colocan varias colmeas fixas nun interior baixo teito.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.