Colexiata de Santa María a Real do Sar
templo relixioso en Sar, Santiago de Compostela From Wikipedia, the free encyclopedia
templo relixioso en Sar, Santiago de Compostela From Wikipedia, the free encyclopedia
A colexiata de Santa María a Real do Sar[1] é un templo románico con casa de cóengos anexa fundado como mosteiro da regra de Santo Agostiño a carón do río Sar, en Santiago de Compostela.
Colexiata de Santa María a Real do Sar | |
---|---|
Restos do claustro románico entre os contrafortes da igrexa. | |
País | España |
Localización | Sar (Santiago de Compostela) |
Coordenadas | 42°52′19″N 8°32′14″O |
Estilo | Arte románica |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi fundado por Munio Afonso, bispo dimisionario da diocese de Mondoñedo e antigo colaborador de Diego Xelmírez, quen rematou a obra trala morte de Munio en 1136. A construción comezou pola cabeceira, ao mesmo tempo que se traballaba tamén nos muros do perímetro. Porén, o proceso foi lento e complexo e precisou de importantes modificacións e reconstrucións nos séculos XVI, XVIII e XX.
A función do cenobio era a de servir de lugar no que os vellos cóengos puidesen retirarse, e para iso concedíanselle xenerosos privilexios e doazóns que fixeron que a institución funcionase ata o século XVII. A partir de entón comezou un lento proceso de declive ata transformarse en templo parroquial no ano 1867.
O trazo máis sobranceiro deste edificio e o que o fai singular entre todos os de Galicia é a fortuíta e pronunciada inclinación dos seus muros e piares. Paralelo ao muro sur do templo consérvase parte dun dos lados do claustro medieval, destacado exemplo do románico compostelán de tempos do arcebispo Xoán Arias. Na igrexa e no claustro consérvase unha importante colección de sarcófagos, dos que o máis antigo é o do arcebispo Bernardo, que, retirado en Sar, morreu no ano 1240.
No interior do templo atópase o Museo de Arte Sacra de Santa María a Real de Sar, con pezas que amosan a vida desta comunidade monástica ao longo dos séculos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.