![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9a/Cjc.png/640px-Cjc.png&w=640&q=50)
Colectivos da Mocidade Comunista
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Colectivos da Mocidade Comunista (CMC) son a organización xuvenil do Partido Comunista dos Traballadores de España (PCTE), aínda que historicamente foi coñecida por estar vinculada ao Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Colectivos da Mocidade Comunista | |
---|---|
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Javier Martín |
Historia | |
Fundación | 13 de xaneiro de 1985 |
Outros datos | |
Sede | Madrid |
Publicación | Tinta Roja |
Na rede | |
www.cjc.es | |
Mocidades do Partido Comunista dos Traballadores de España (PCTE). Até 2017 foron as mocidades do PCPE. | |
O seu órgano de expresión é Tinta Roja, revista que se edita dende o ano 2006 en papel e dende o 2012 en formato dixital.
Os CMC foron creados o 13 de xaneiro de 1985 a iniciativa do recentemente fundado PCPE como a súa organización xuvenil. A principios dos anos 90 un sector dos CMC integrouse na Xuventude Comunista, referente xuvenil do Partido Comunista de España (PCE). En 2017, no marco do cisma xurdido no seo do PCPE, posicionaronse xunto a Ástor García, o que os converteu a partir do 3 de marzo de 2019 na mocidade de facto do PCTE.
Os Congresos celébranse cada tres anos por mandato estatutario. O último foi o X Congreso celebrado en marzo de 2019.[1]
O nome en castelán é Colectivos de Jóvenes Comunistas (CJC) e o nome varía segundo o territorio e a lingua local. Por exemplo, en Cataluña son os Joves Comunistes do Poble Català (CJC-JCPC), en Asturias chámanse Coleutivos de Mocedaes Comunistes (CJC-CMC), en Galicia Colectivos da Mocidade Comunista (CMC) e no País Vasco e Navarra Gazte Komunisten Kolektiboak (GKK-CJC).
Os CMC organizan cada ano diversos eventos destinados á formación política dos militantes. Dende hai máis de 20 anos celebran a Escola de Formación "Trifón Medrano", á que acoden militantes de todos os puntos de España, ademais de invitados doutras organizacións xuvenís.
A nivel internacional, os CMC forman parte da Federación Mundial da Mocidade Democrática (FMJD) dende a súa creación.