Cola
páxina de homónimos From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo cola pode referirse a:
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
- En zooloxía, cola extremidade posterior do corpo dalgúns animais (e da columna vertebral nos vertebrados), tamén denominada rabo.
- En aeronáutica, cola, parte posterior da fuselaxe dun avión.
- En astronomía, cola, apéndice luminoso que adoita observarse nos cometas.
- En indumentaria, cola, porción de tea que nalgunhas roupas (capas de dignidades civís ou ecesiásticas, vestidos de noiva etc.) se prolonga pola parte posterior e se leva comunmente arrastrando.
- Por extensión,
- Parte ou extremidade posterior dalgunha cousa, por oposición á cabeza ou principio.
- Fileira de persoas ou cousas colocadas unha a continuación doutra.
- cola ou fila, nome que se dá en informática a un tipo de estrutura de datos.
- cola de cabalo, nome vulgar co que se coñecen as especies de fieitos da orde das Equisetales.
- cola de cabalo ou cauda equina, feixe de nervios que rodea o filamento terminal da medula espiñal.
- cola de cabalo, peiteado no que se ata unha porción dos cabelos desde a súa su raíz, deixándoos caer normalmente sobre a caluga.
- cola de rata, peiteado caracterizado por unha longa guedella de cabelos que se estende detrás da caluga, contrastando coas demais guedellas que conservan a mesma lonxitude (menor que a da cola).
- cola, pasta translúcida e pegañenta que se fai xeralmente cocendo despoxos de animais e que, disolvida en auga quente, serve para pegar ou colar.
- cola de peixe, cola obtida das vexigas natatorias de certos peixes, que é un dos ingredientes principais para a elaboración da xelatina.
- Cola, xénero de plantas fanerógamas da subfamilia das Sterculioideae da familia das Malvaceae, orixinario de África, entre cuxas especies destaca Cola acuminata, árbore que produce a noz de cola.
- Cola, semente desta árbore, que contén cafeína, teína, teobromina e outros alcaloides, noz de cola.
- Cola, produto tónico e estimulante que se extrae desta semente co que se fai a bebida de cola.
- Coca-Cola, marca comercial rexistrada dunha bebida gasosa azucrada.
- Pepsi-Cola, marca comercial rexistrada dunha bebida gasosa azucrada.
- Galicola, marca comercial galega de refresco gasoso azucrado de cola.
- Cola Cao, marca comercial rexistrada dun cacao en po solúbel.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.