A dos cocoideos (Coccoidea), coñecidos vulgarmente como cochinillas, ou tamén como insectos con escamas, é unha superfamilia de pequenos insectos da orde dos hemípteros e da suborde dos esternorrincos.[1]
Cocoideos Coccoidea Rango fósil: Triásico - Actualidade (130 - 0 Ma) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cochinilla cerosa nunha póla de limoeiro | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Familias | |||||||||||||
|
Comprende preto de 8 000 especies, a maioría son parasitos de plantas que se alimentan de seiva, que chupan directamente do sistema vascular do hospedeiro. Porén, algunhas especies aliméntanse de tecido fúnxico.
Taxonomía
Descrición
A superfamilia foi descrita en 1903 polo entomólogo austríaco Anton Handlirsch.[1]
Etimoloxía
O nome científico Coccoidea está formado sobre a base da raíz do seu xénero tipo, Coccus, e o sufixo do latín científico -oidea, propio das superfamilias de animais.
Familias
Segundo o ITIS, a superfamilia comprende as familias seguintes:[1]
- Aclerdidae
- Asterolecaniidae
- Coccidae
- Conchaspididae
- Dactylopiidae
- Diaspididae
- Eriococcidae
- Kermesidae
- Kermidae
- Lacciferidae
- Margarodidae
- Ortheziidae
- Pseudococcidae
Características
Varían moito na súa aparencia, desde organismos moi pequehos (1-2 mm) de cubertas cerosas, até outros brillantes duns 5 mm e criaturas cubertas con cera melosa. As femas adultas son na súa maioría inmóbiles (como as da familia dos pseudocócidos) e están fixadas permanentemente ás plantas que parasitan. Segregan unha cuberta de cera para a súa defensa.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.