Coccinélidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os coccinélidos[3] (Coccinellidae)[4] son unha ampla familia de pequenos escaravellos que miden de 0,8 a 18 mm,[5] entre os cales os máis frecuentes son coñecidos cos nomes comúns de maruxiña, reirrei, xoaniña, barrosiña, coccinela, papasol, papoia, voaniña, voíña ou xoana,[6] entre outros nomes (ver:[7]).
Maruxiñas Rango fósil: Eoceno-Presente | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Coccinella magnifica | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subfamilias [1] | |||||||||||||||||
|
A maioría das especies de coccinélidos son xeralmente considerados insectos útiles, porque moitas especies depredan en insectos herbívoros que son pragas, como moitos homópteros como os áfidos ou pulgóns. Moitos coccinelidos poñen os seus ovos directamente nas colonias de áfidos para asegurarse de que as súas larvas van ter unha fonte inmediata de alimentación.[8] Porén, algunhas especies teñen efectos non desexados; entre elas, as máis salientables son as da subfamilia Epilachninae (na que está Epilachna varivestis), que son elas mesmas herbívoras e potenciais pragas. Aparecen en practicamente todas as grandes rexións agrícolas temperadas ou tropicais.