![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/68/Comprom%25C3%25ADs_%2528isotip%2529.svg/langgl-640px-Comprom%25C3%25ADs_%2528isotip%2529.svg.png&w=640&q=50)
Coalició Compromís
coalición política valenciana de esquerdas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Coalició Compromís é unha coalición política do País Valenciano formado polo Bloc Nacionalista Valencià (BLOC), Iniciativa del Poble Valencià (IdPV) e Els Verds - Esquerra Ecologista (EV-EE), ademais dun gran número de persoas independentes e outros partidos políticos como Estat Valencià.
Coalició Compromís | |
---|---|
Coalición política do País Valenciano | |
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Enric Morera Mònica Oltra |
Mocidades | Joves amb Compromís (Bloc Jove e Joves d'Iniciativa) |
Historia | |
Fundación | 25 de xaneiro de 2010[1] |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Valencianismo Progresismo Esquerda Federalismo europeo Ecoloxismo |
Representación | |
Cortes Valencianas[2] | 19 / 99 |
Congreso dos Deputados | 4 / 350 |
Concelleiros | 728 / 5.742 |
Outros datos | |
Sede | C/ Guillem de Castro 83, 46008 Valencia |
Publicación | infoCOMPROMÍS |
Na rede | |
www.compromis.net | |
![]() ![]() | |
Ten actualmente máis de 700 concelleiros, 19 deputados nas Corts Valencianes, 4 no Congreso dos Deputados e 2 no Senado. Tamén ten trinta alcaldes en toda a Comunidade Valenciana.[3]
As liñas directrices de coalición son "a confluencia do valencianismo progresista, da esquerda moderna e ecoloxía política, como unha alternativa electoral real", ou sexa, "a posta en marcha dun novo modelo de desenvolvemento sostible que enfatiza a superar as deficiencias do modelo económico, así como un afondamento na autogoberno da comunidade autónoma e defender o valenciano".[4]