From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Sportif Bourgoin-Jallieu Rugby, ou CS Bourgoin-Jallieu, é un club de rugby francés da vila homónima, que compite na Fédérale 1, a terceira categoría do rugby francés. A súa mellor tempada foi a 1996/97, na que foi subcampión do Top 14 e campión da Challenge Cup. O club está ausente da máxima categoría do rugby francés dende a tempada 2010/11.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Nome | Club Sportif Bourgoin-Jallieu | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | CSBJ ciels et grenats | ||
Fundación | 1906 | ||
Sede | Bourgoin-Jallieu, Francia | ||
Estadio(s) | Stade Pierre Rajon | ||
Capacidade | 9.441 espectadores | ||
Presidente | Gaston Maulin | ||
Adestrador | Éric Catinot | ||
Liga(s) | Fédérale 1 | ||
2017–18 | 9º | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.csbj-rugby.fr/accueil.php | |||
O club foi fundado en 1906 co nome de Club Sportif Bergusien; bergusiens é o antropónimo de Bourgoin. Durante o período de entreguerras, o club xogará na segunda división do rugby francés (nomeada Honneur, Excellence A ou Deuxième Division segundo a época). A partir de 1949, o CSBJ vai manterse sistematicamente na segunda división. En 1956 troca o seu nome polo nome actual de Club Sportif Bourgoin-Jallieu.
En 1965, o Bourgoin acada o seu primeiro título de importancia, o Campionato d'Excellence ao derrotar por 14-6 ao Beaumont-de-Lomagne na final de Aviñón, coseguindo competir por primeira vez na primeira división (chamada Nationale). Os 12 anos seguintes o club estará descendendo e ascendendo de categoría: descende en 1968, ascende en 1971, descende novamente en 1972, ascende novamente en 1973 e un novo descenso chega en 1979. Logo do último ascenso en 1981, o club non volve descender.
Grazas ás boas xeracións de xoves deportistas, o CSBJ conseguiu xeralmente boas clasificacións no campionato, mais sen gañalo en ningunha ocasión. Logo dunha primeira semifinal de campionato en 1995, perdida fronte ao Stade Toulousain, o equipo de Bourgoin-Jallieu chega á final en 1997, que perderá fronte ao Tolosa. Aquel ano será o mellor momento do club, xa que se alzará como campión da European Challenge Cup,a «segunda» competición de rugby de Europa, gañando ao Castres. Ese mesmo ano tamén xogou a final do Challenge Yves du Manoir. En 1999, o club xogou novamente unha final do Yves du Manoir perdéndoa contra o Stade Français. Durante os seguintes anos, o CSBJ xogou dúas semifinais máis desta competición en 2004 e en 2005.
Bourgoin disputou unha final da liga francesa en 1997. Tamén disputou as semifinais en 1995, 1999, 2004 e 2005.[1]
Data | Campión | Finalista | Resultado | Estadio | Espectadores |
31 de maio de 1997 | Stade Toulousain | CS Bourgoin | 12 - 6 | Parc des Princes, París | 44.000 |
Bourgoin disputou tres finais da segunda competición continental, gañando unha delas en 1997[2] e perdendo as outras dúas.
Data | Campión | Finalista | Resultado | Estadio | Espectadores |
26 de xaneiro de 1997 | CS Bourgoin-Jallieu | Castres Olympique | 18 - 9 | Stade de la Méditerranée, Béziers | 10.000 |
27 de febreiro de 1999 | AS Montferrand | CS Bourgoin-Jallieu | 35 - 16 | Stade de Gerland, Lión | 31.986 |
22 de maio de 2009 | Northampton Saints | CS Bourgoin-Jallieu | 15 - 3 [3] | The Stoop, Twickenham | 9.260 |
Ano | Campión | Puntuación | Subcampión |
1997 | Section Paloise | 13-11 | CS Bourgoin-Jallieu |
1999 | Stade Français Paris | 27-19 | CS Bourgoin-Jallieu |
2003 (marzo) | Stade Rochelais | 22-20 | CS Bourgoin-Jallieu |
2003 (novembro) | Castres Olympique | 27-26 | CS Bourgoin-Jallieu |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.