club de fútbol de Redondela From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Deportivo Choco é un equipo de fútbol da vila de Redondela. Foi fundado oficialmente o 14 de abril de 1953, malia que xa no ano 1932 foi fundado un equipo co nome de Choco FC.
CD Choco | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Choco de Redondela | ||
Fundación | 1953 | ||
Estadio | Santa Mariña Redondela | ||
Capacidade | 2.000 | ||
Presidente | Iván Crespo[1] | ||
Adestrador | David Pérez | ||
Liga | 3ª RFEF – Grupo 1 | ||
2022–23 | 16º | ||
Vestimenta | Warrior | ||
Patrocinador | I.C.O.N | ||
Na rede | |||
http://cdchoco.es/ | |||
| |||
Na tempada 2023/24 participará na sexta categoría do fútbol estatal, militando na Preferente Galicia. Conta con arredor de 500 socios e disputa os seus enfrontamentos como local no Campo Municipal de Santa Mariña. Na tempada 2014/2015 rematou en cuarta posición na Terceira División, acadando a súa máxima clasificación histórica, e disputando a fase de ascenso á Segunda División B, na que sería eliminado polo Extremadura Unión Deportiva.[2] Na seguinte tempada, o equipo repetiu clasificación, participando por segundo ano consecutivo na fase de ascenso á categoría de bronce.
A orixe do nome deriva do cefalópodo homónimo[3], reflexo da importancia da pesca nesta vila, na que se celebra desde 1987 a Festa do choco de Redondela, declarada en 2003 Festa de interese turístico de Galicia .
O Club Deportivo Choco fundouse oficialmente no ano 1956. Porén, existen antecedentes de varios equipos de fútbol que poderían considerarse os predecesores. Despois do Redondela Foot-ball Club, primeiro equipo de fútbol de Redondela do que se ten constancia, e fundado en 1908, existiron varios conxuntos que practicaban este deporte neste concello: o Científico Deportivo de Redondela (1909), o Sporting de Redondela ou a Liga Popular de Redondela (1923).
En 1932 fundouse o club que podería considerarse o precursor do club, a lo menos atendendo á denominación oficial deste. Este club chamouse Choco FC, e disputou o seu primeiro encontro 1932 contra o equipo vigués Llorente, contando nas súas filas con xogadores coma Moisés, Villaverde, “Dempsey”, Pierla e Reigosa entre outros. En abril desde mesmo ano, disputou un derbi local contra o Redondela FC, no que foi derrotado por dous goles a un.
Redondela FC | 2 - 1 | Choco FC | 14 de abril de 1932 – Estadio de Santa Mariña, Redondela |
Informe |
|||
Tras dous anos de fútbol federado, e tras mudar o nome en 1935 a Regojo FC, desapareceu no 1934.
Posteriormente, foron creados outros conxuntos na vila de Redondela: en 1936, o Redondela Sporting Club; en 1944, o CD Redondela, e finalmente en 1947 vólvese formar o Choco FC, desta vez coma equipo non federado. Probablemente este equipo tería disputado partidos amigábeis de xeito non oficial até a fundación oficial do club. Existen rexistros de partidos disputados contra o Adelantado de Porriño e contra o Burgo FC de Pontevedra. Finalmente, a fundación oficial do club produciuse o 14 de abril de 1956.
Após disputar a súa primeira tempada na Primeira Rexional galega e finalizar no sexto posto, o CD Choco ascende á Preferente Autonómica de Galicia. Na tempada 1959-1960 finaliza 2º e ascende á terceira división, onde se mantería dúas tempadas, até 1962 cando descendeu de novo á Preferente. Na seguinte temporada volveu a ascender, esta vez permanecendo tres tempadas na categoría de bronce, que naquel entón, por non existir a segunda división B, era a terceira categoría de fútbol inmediatamente por debaixo da segunda división. Na tampada 1966/1967 acaba a liga regular en 16º posición, descendendo á Preferente Autonómica.
Na tempada 79/80, e despois de 14 tempadas, o equipo volve á Terceira División, se ben xa nesta data xa era a cuarta categoría no fútbol español, ao existir a Segunda División B. Non obstante, na tampada 80/81 finaliza de 17º e torna a descender. A partir de aí comezan unha serie de tempadas nas que se sucederon ascensos e descensos por diferentes categorías, até disputar na tempada 95/96 a segunda autonómica e quedar 3º, obtendo a peor clasificación da súa historia.
Durante a década dous 2000, o CD Choco disputou a meirande parte das tempadas na Preferente Autonómica. Non foi até a tempada 2012/2013 que, coa chegada do novo presidente Iván Crespo, acadou o ascenso á Terceira División 33 anos despois da última participación. Ese mesmo ano, ademais, o equipo xuvenil ascendeu á Liga Nacional.[1] Así, o club poñía fin a un convulso período deportivo e económico, no que a entidade acumulaba unha débeda de 80.000 euros.[1] En 2013, ademais, a Escola de Fútbol Base de Redondela fusionouse co CD Choco. Un ano despois, na tempada 2014/2015 o equipo consolidouse na categoría e finalizou 4º, acadando a maior clasificación da súa historia, permitíndolle acceder á fase de ascenso a segunda división B. Na primeira eliminatoria, enfrontouse á Extremadura UD, sendo apeado nesta rolda polos estremeños cun resultado global de 3-5.
CD Choco | 0 - 3 | Extremadura UD | 24 de maio de 2015, 21:00 – Estadio de Santa Mariña, Redondela Asistencia: 2.000 Árbitro: Pérez Fernández ( Castela e León) |
Informe |
Pozo 39' Willy 65' Willy 71' | ||
Extremadura UD | 2 - 3 | CD Choco | 31 de maio de 2015, 17:00 – Estadio Francisco de la Hera, Almendralexo Asistencia: 38.000 Árbitro: Barba Ibáñez ( Andalucía) |
Juanito de la Cruz 5' Juanjo 54' |
Informe |
Hugo 10' Silva 48' (penalti) Rubén 70' | |
Un ano despois, na tempada 2015/2016, o CD Choco torna a repetir o seu mellor resultado histórico, ao finalizar cuarto na temporada regular. Así, por segundo ano consecutivo, o equipo clasificábase para a fase de ascenso á Segunda División B. O mesmo que acontecera o ano anterior, o equipo redondelán foi emparellado con outro equipo extremeño, desta vez o CD Badajoz.[4]
CD Choco | 2 - 1 | CD Badajoz | 23 de maio de 2016, 17:00 – Estadio de Santa Mariña, Redondela Asistencia: 1.400 Árbitro: Pelaez Fernández ( Asturias) |
Comis 28' Fer 61' |
Informe |
Carreño 50' (penalti) | |
CD Badajoz | - | CD Choco | Badaxoz |
O CD Choco viste con camisola e medias vermellas e pantalón azul nos seus partidos como local; e con camisola verde, pantalón branco e medias vermellas nos seus partidos coma visitante. O material deportivo é da marca Warrior, que ten a súa sede de distrubución nacional en Redondela.
A cor que tradicionalmente definiu ao CD foi o vermello. Ademais de ser habitualmente a cor da primeira equipación do club, é tamén a cor predominante no escudo. Dito escudo está composto por brasón cun fondo vermello, no que se pode apreciar un choco de cor prata na parte central, na que se pode ler a palabra Choco en letras de cor negra. Nos costados do cefalópodo, sobresaen as letras "C" (de Club), "D" (de Deportivo) e "R" (de Redondela).
O actual estadio do CD Choco é o Campo Municipal de Santa Mariña. Está situado na saída de Redondela cara a Pontevedra, e nese mesmo campo tamén xogan e adestran os seus equipos de categorías inferiores. Está constituído por herba sintética, e accédese a el a través da Rúa ao Campo de Fútbol, desde a estrada N-550.
Conta cun campo principal con capacidade para 1000 espectadores. En 2015 instaláronse novas bancadas e habilitáronse accesos para persoas discapacidatas, cun elevador para chegar aos asentos máis altas.[5]
Ademais do estadio principal, existe un campo de adestramento anexo. A partir de 2013, a area da que estaba constituído foi substituída por herba artificial[6]. As medidas do campo anexo son menores que o campo principal, e só se empregan para adestramentos ou partidos de fútbol 7.
Aínda que non se ten constancia exacta da data da súa construción, sábese que se deseñou para acoller os partidos como local do CD Redondela, club que existiu en redondela desde 1944 até 1952. A construción do estadio fíxose a base de terra, a meirande parte dela transportada desde o monte da Telleira, probablemnte empregando padiolas e carros de cabalos.[7] Ao estar situado nunha marisma, existen testemuñas de anegamento do campo cando se producían mareas vivas.[8]
|
|
|
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.