From Wikipedia, the free encyclopedia
Clap Your Hands Say Yeah é o álbum de estrea da banda Clap Your Hands Say Yeah, auto-editado nos Estados Unidos o 13 de setembro do 2005, e lanzado no Reino Unido o 23 de xaneiro do 2006 a través do selo Wichita Recordings. Producido e mesturado po Adam Lasus, o álbum e a banda saltaron á fama tras chamar a atención en varios blogs de MP3 e conseguir unha recensión moi positiva ("9.0/10") na influente páxina de música Pitchfork Media. Clap Your Hands Say Yeah foi listada como unha das 50 gravacións máis importantes da década polo programa All Songs Considered da emisora estadounidense National Public Radio[1].
Clap Your Hands Say Yeah | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Clap Your Hands Say Yeah | ||||
Publicado | 13 de setembro de 2005 | |||
Gravación | 2005 | |||
Duración | 38:36 | |||
Xénero(s) | indie rock | |||
Selo(s) | auto-editado | |||
Produtor | Adam Lasus e Clap Your Hands Say Yeah. | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
O éxito do disco comezou despois de que o baixista Tyler Sargent comezase a enviar copias por correo dende o seu apartamento. En novembro do 2005 o álbum vendera máis de 125.000 copias nos Estados Unidos. Aínda que o grupo non tiña un contrato discográfico oficial nos Estados Unidos, asinou un contrato de distribución para poñer o disco a disposición dun público máis amplo. No Reino Unido, a banda asinou co selo independente Wichita Recordings.
Todas as letras e a música compostas por Alec Ounsworth, agás onde se indique.
A edición británica contén unha ligazón a cancións ao vivo extra. Todos estes temas foron gravados no club The Black Cat en Washington, D.C. o 18 de outubro do 2005.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.