Clamidoseláquidos
familia de peixes / From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos clamidoseláquidos (Chlamydoselachidae) é unha pequena familia de elasmobranquios (Elasmpobranchia) moi primitivos da orde dos hexanquiformes (Hexanchiformes), que comprende tan só un xénero extinto e outro con oito especies extintas e unha viva,[1] Chlamydoselachus anguineus, o tiburón anguía, presente nas augas de Galicia,[2][3] e outra máis, C. africana (o tiburón anguía surafricano), propia dos mares da África austral, que está en discusión.
Máis información Clasificación científica ...
Clamidoseláquidos (Chlamydoselachidae) Tiburóns anguía Rango fósil: cretáceo superior - actualidade [1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chlamydoselachus anguineus (tiburón anguía) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
Pechar
As especies fósiles e a actual (ou actuais) difiren o suficiente dos outros hexanquiformes (familia dos hexánquidos) que o ictiólogo Shigeru Shirai propuxo recentemente crear unha orde particular para estas especies, a dos clamidoselaquiformes (Chlamydoselachiformes).