Os hexanquiformes (Hexanchiformes ) son unha orde de condrictios elasmobranquios selaquimorfos que inclúe os tiburóns modernos máis primitivos.
Máis información Clasificación científica, Familias e Xéneros ...
Pechar
A orde comprende tan só cinco especies viventes.
Especies de tiburóns fósiles aparentemente moi similares aos tiburóns de sete branquias (xénero Heptranchias ) coñécese desde o xurásico .[2]
Os hexanquiformes só teñen unha aleta dorsal , seis ou sete fendeduras branquiais e non posúen membrana nictitante nos ollos.
O tiburón anguía , Chlamydoselachus anguineus , é moi diferente dos demais membros da orde (que na literatura anglosaxoa se coñecen como cow sharks , "tiburóns vaca", polo que algúns autores propoñen formar con el unha nova orde, a dos clamidoselaquiformes (Chlamydoselachiformes ).
Dentadura dun Chlamydoselachus .
Tiburón anguía (Chlamydoselachus anguineus ).
Grupo de cow sharks ou "tiburóns vaca" (familia Hexanchidae ).
Debuxo dun bocadoce (Hexanchus griseus ).
Notidanodon sp. fósil (Museo Xeolóxico de Copenhaguen ).
Especies extintas
Familia Chlamydoselachidae
Xénero Chlamydoselachus Garman , 1884
Chlamydoselachus bracheri Pfeil, 1983
Chlamydoselachus gracilis Antunes & Cappetta, 2001
Chlamydoselachus goliath Antunes & Cappetta, 2001
Chlamydoselachus fiedleri Pfeil, 1983
Chlamydoselachus lawleyi Davis, 1887
Chlamydoselachus thomsoni Richter & Ward, 1990
Chlamydoselachus tobleri Leriche, 1929
Xénero Thrinax Pfeil, 1983
Thrinax baumgartneri Pfeil, 1983
Familia Hexanchidae
Xénero Heptranchias Rafinesque , 1810
Heptranchias ezoensis Applegate & Uyeno, 1968
Heptranchias howelii (Reed, 1946)
Heptranchias tenuidens (Leriche, 1938)
Xénero Hexanchus Rafinesque , 1810
Hexanchus arzoensis (Debeaumont, 1960)
Hexanchus agassizi
Hexanchus collinsonae Ward, 1979
Hexanchus gracilis (Davis, 1887) [3]
Hexanchus griseus "andersoni" "gigas" (Bonaterre, 1788)
Hexanchus hookeri Ward, 1979
Hexanchus microdon "agassizii" (Agassiz, 1843)
Hexanchus nakamurai "vitulus" Teng, 1962
Notidanoides Maisey 1986 [4]
Xénero Notidanodon Cappetta, 1975
Notidanodon antarcti Grande & Chatterjee, 1987
Notidanodon brotzeni Siverson, 1995
Notidanodon dentatus (Woodward, 1886)
Notidanodon lanceolatus (Woodward, 1886)
Notidanodon loozi (Vincent, 1876)
Notidanodon pectinatus (Agassiz, 1843)
Xénero Notorynchus Ayres , 1855
Notorynchus aptiensis (Pictet, 1865)
Notorynchus intermedius Wagner
Notorynchus lawleyi Ciola & Fulgosi, 1983
Notorynchus munsteri (Agassiz, 1843)
Notorynchus serratissimus (Agassiz, 1844)
Notorynchus serratus (Agassiz, 1844)
Xénero Paraheptranchias PFEIL, 1981
Paraheptranchias repens (Probst, 1879)
Paranotidanus “Eonotidanus” contrarius (Munster, 1843)
Paranotidanus intermedius (Wagner, 1861)
Paranotidanus munsteri (Agassiz, 1843)
Paranotidanus serratus (Fraas, 1855)
Xénero Pseudonotidanus Underwood & Ward, 2004
Pseudonotidanus semirugosus Underwood & Ward, 2004
Xénero Weltonia Ward, 1979
Weltonia ancistrodon (Arambourg, 1952)
Weltonia burnhamensis Ward, 1979
Familia? Mcmurdodontidae
Xénero Mcmurdodus White, 1968
Mcmurdodus featherensis White, 1968
Mcmurdodus whitei Turner, & Young, 1987
Nas proximidades das costas galegas están citadas as seguintes especies:[5] [6]
Familia Chlamidoselachidae
Familia Hexachidae
Froese, Rainer, e Daniel Pauly, eds. (2009): Hexanchiformes , en FishBase. Versión xaneiro de 2009.
Allen, Thomas B. (1999): The Shark Almanac . New York: The Lyons Press. ISBN 1-55821-582-4 , p. 45.
Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes) . O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0 .
Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns . Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8 .
Bibliografía
Allen, Thomas B. (1999): The Shark Almanac . Nova York: The Lyons Press. ISBN 1-55821-582-4 .
Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World . John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7 .