Os hexáquidos (Hexanchidae) son unha familia de elasmobranquios (Elasmobrachii) da orde dos hexanquiformes (Hexachiformes) caracterizados por presentaren seis ou sete pares de branquias, en vez dos cinco habituais noutros tiburóns.
Máis información Clasificación científica, Xéneros ...
Están considerados como os tiburóns máis primitivos, dado que o seu esqueleto conserva algunhas características xa extinguidas, con algunhas adaptacións modernas. Os seus aparellos excretor e dixestivo están pouco especializados, o que suxire tamén que poden parecerse aos de tiburóns primitivos antepasados seus. O trazo máis distintivo, porén, é a presenza dun sexto e, en dous xéneros, un sétimo par de fendeduras branquiais.[2]
Poden medir entre 140 e 550cm de loinxitude. Son ovovivíparos. Aliméntanse de peixes relativamente grandes de todo tipo, incluíndo outros tiburóns, así como de crustáceos e preas.
Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.