Civilización Caral-Supe
From Wikipedia, the free encyclopedia
A civilización Caral ou civilización Caral-Supe era unha sociedade complexa da América precolombiana que comprendía ata trinta grandes centros de poboación na actual rexión de Norte Chico no litoral norte-central de Perú. A civilización floreceu entre o cuarto e o segundo milenio antes de Cristo, coa formación da primeira cidade datada ao redor do 3500 a.C., en Huaricanga, na zona do río Fortaleza.[1] É a partir do 3100 a.C. que o asentamento humano a gran escala e a construción comunal fanse evidentes, [2] que durou ata un período de declive arredor do 1800 a.C. Dende principios do século XXI, estableceuse como a civilización máis antiga coñecida nas Américas.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Esta civilización floreceu ao longo de tres ríos, o Fortaleza, o Pativilca e o Supe. Estes vales fluviais teñen cada un grandes agrupacións de sitios arqueolóxicos. Máis ao sur, hai varios sitios asociados ao longo do río Huaura.[3] O nome Caral-Supe, deriva da cidade de Caral[4] no Val do Supe, un grande e ben estudado xacemento do Norte Chico. A complexa sociedade en Norte Chico xurdiu un milenio despois de Sumeria] en Mesopotamia, foi contemporánea coas pirámides exipcias e foi anterior a Olmeca en Mesoamérica en case dous milenios.
Na nomenclatura arqueolóxica, Caral é unha cultura pre-olería do precolombiano arcaico tardío. Carecía completamente de olería e aparentemente non tiña arte visual. O logro máis impresionante da civilización foi a súa arquitectura monumental, incluíndo grandes obras de terra montículo de plataforma e prazas circulares. As evidencias arqueolóxicas suxiren o uso da tecnoloxía téxtil e, posiblemente, o culto a símbolos de deuses comúns, os cales repítense nas culturas precolombinas andinas. Se supón que se necesitou un goberno sofisticado para xestionar a antiga caral. Quedan pendentes cuestións sobre a súa organización, especialmente a influencia dos recursos alimentarios na política.
Os arqueólogos saben destes antigos sitios naa zona dende polo menos os anos 40. Os primeiros traballos foron en Aspero na costa, un sitio identificado xa en 1905,[5] e despois en Caral, máis cara ao interior. A finais dos noventa, os arqueólogos peruanos, dirixidos por Ruth Shady, proporcionaron a primeira documentación extensa da civilización con traballo en Caral.[6] Un artigo de 2001 en Science, que ofrece datos sobre a investigación Caral,[7] e un artigo de 2004 en Nature, describe o traballo de campo e a datación por radiocarbono nunha área máis ampla,[2] revelou a iportancia da cultura Caral e provocou un interese xeneralizado.[8]