A superfamilia da cistatina comprende proteínas que conteñen múltiples secuencias de tipo cistatina. Algúns dos membros son activos inhibidores de cisteína proteases, mentres que outros perderon ou talvez nunca adquiriron esta actividade inhibitoria. Hai tres familias inhibidoras nesta superfamilia, incluíndo as cistatinas de tipo 1 (stefinas[3]), as cistatinas de tipo 2 e os cininóxenos. Este xene codifica unha stefina que funciona como un inhibidor de cisteína protease intracelular. A proteína pode formar un dímero estabilizado por forzas non covalentes, inhibindo a papaína e as catepsinas L, H e B. Pénsase que esta proteína ten unha función na protección contra proteases que saen dos lisosomas. As evidencias indican que as mutacións neste xene son responsables dos defectos primarios en pacientes con epilepsia mioclónica progresiva (EPM1).[2]